Redacción . Microsoft presentou o seu novo buscador, que se chama Bing e pretende competir co todopoderoso Google. Chegará o 3 de xuño aos Estados Unidos versión definitiva e a Europa en fase de proba. Durante o próximo ano e medio irá incorporando o resto das funcións. A súa aposta baséase no impacto visual, na procura de imaxes e nas compras on-line.
O CEO de Microsoft, Steve Ballmer
Microsoft asegura que Bing "foi desenvolvido para axudar os usuarios a atopar a información dun xeito máis rápido e a estar máis informados sobre as decisións que toman na rede", resume a Consellaría de Economía. Terá unha nova interface cunha imaxe distinta cada día na páxina de inicio. A versión beta en España incluirá melloras na busca de imaxes, que se amosarán como resultados do propio buscador e poderanse filtrar por tamaño, proporción, cor estilo e cara.
Tamén se integrará coa web de buscas de compras Ciao, mercada por Microsoft en outubro de 2008. Permitirá comparar prezos de perto de sete millóns de produtos e acceder a suxestións en formato vídeo e texto.
Pola súa banda, o actual buscador de Microsoft, Live.com, desaparecerá e redixirá a Bing.com 45 días despois do lanzamento. O novo servizo será a porta de entrada a todas as propiedades de Live.
Descargar Tarifas