PUBLICIDADE
Martes, 16 de marzo de 2010
ATÉ O 7 DE XUÑO
Adega celebra a Semana do Medio Ambiente con actividades en todo o país

Redacción .  A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (Adega) celebra a Semana Galega do Medio Ambiente –até o próximo 7 de xuño– con distintos actos e actividades en todo o país.

Reloxo 29.05.2009 | 17:40
TAGS: MEDIO AMBIENTE , ADEGA ,

Unha paisaxe do Courel Unha paisaxe do Courel. Paco Vilabarros Segundo informou a organización ecoloxista nun comunicado, os actos darán comezo hoxe "cunha denuncia contra as reiteradas verteduras" da piscifactoría de Stolt, en Quilmas (Muros). Outro acto reivindicativo terá lugar o día 6 xuño en Santiago para "loitar" contra o cambio climático.

Ademais, terá lugar a IV Edición de Montañas en Rede, encamiñada a lograr a aprobación definitiva do Programa para a conservación das áreas de montaña que promove o Ministerio de Medio Ambiente; e un campamento destinado a eliminar as especies exóticas invasoras no pontevedrés río Tea e no dunar de Corna (Ourense).

Sanxenxo será o escenario dunha inspección do río Pintillón o sábado día 6; e, a maiores, entre os días 3 e 5 de xuño terá lugar o curso 'A muller e o medio ambiente' en Palas de Rei; e o día 4, Cuntis acollerá unha charla sobre compostaxe caseira.

A primeira fin de semana de xuño destinarase a baixar en kaiak polo río Miño, desde Lugo até Portomarín; mentres que o domingo, último día da Semana Galega do Medio Ambiente, servirá para celebrar unha comida popular en Agolada como "colofón" da batería de actividades.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río