Manuel Vilas . Varios dispositivos enfocan á rúa -incluída a entrada dun cine- sen que haxa sinais de advertencia, o que podería vulnerar a lei.
As cámaras de vixilancia do Parlamento de Galicia violan a lei, denuncia o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC). A Policía -responsábel dos aparatos- non colocou as preceptivas sinais, malia que a lei así o establece para os sistemas de videovixilancia que enfocan á rúa. Este colectivo tamén denuncia irregularidades na Coruña, Lugo, Ourense e noutras zonas de Santiago.
As cámaras enfocan ao exterior do Hórreo
Versión da Cámara
Voceiros do Parlamento admiten que varias cámaras apuntan ás rúas que rodean o Pazo do Horreo e que non hai sinais. Con todo, alegan que as imaxes non se gravan, só se consultan en directo. Na súa interpretación, isto exímeos de colocar os carteis.
Con todo, esta escusa podería non ser válida. E é que a obriga de instalar os carteis aplícase tamén á “reprodución ou emisión en tempo real”, especifica a instrución 1/2006 da Axencia de Protección de Datos.
O Goberno di que ten que haber carteis
Ademais, no propio permiso que deu a Delegación do Goberno á Policía Nacional para o Hórreo figura a “obriga de informar ao público do emprazamento das cámaras”, segundo admitiu o Goberno Estatal nunha resposta ao senador Francisco Jorquera.
O posíbel incumprimento da lei podería ser máis grave tendo en conta que “unha das cámaras enfoca directamente á entrada dos cines Compostela”, que pecharon hai só unhas semanas. Así o denuncia Renato Nuñez, voceiro do MpDC.
Descargar Tarifas