PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
BOLSAS ECOLÓXICAS E MENOS CONSUMO DE LUZ
Abre a primeira 'tenda sostíbel' en Galicia

Redacción .  O grupo López Villanueva 'Calzados Vogue LV' anunciou esta semana a apertura da primeira 'tenda sostíbel' en Galicia. Está na rúa Teresa Herrera da Coruña e reducirá ao ano 2,76 toneladas en emisións de CO2.

Reloxo 29.05.2009 | 09:35
TAGS: calzado , ecoloxía , i+d+i ,

Tenda 'ecolóxica' de Calzados Vouge na Coruña Tenda 'ecolóxica' de Calzados Vouge na Coruña Segundo explicou a empresa, para conseguir esta redución cambiaron case toda a iluminación, utilizando o led como fonte lumínica, así como a iluminación Downlight, de baixo consumo.

Só este cambio, indicou a compañía, supón un consumo enerxético inferior nun 40 por cento a calquera das outras tendas similares do grupo, agora iluminadas con lámpadas de baixo consumo e halóxenos. Este aforro enerxético "evidente" será trasladado ademais á clientela, xa que as súas compras se despacharán en bolsas de material biodegradábel.

O esforzo na creación dunha tenda sostíbel estendeuse ademais na busca dos materiais do recinto. Así, indicou a firma, o chan realizouse con tarima de bambú procedente de plantacións controladas; os coiros dos sofás foron curtidos con peles de orixe vexetal evitando o tratamento con metais pesados e posteriormente secada ao sol; e as pinturas e os vernices utilizados na decoración da tenda tamén se corresponden con criterios ecolóxicos.

Así mesmo, outro exemplo de eficiencia é, para Calzados Vogue, a reutilización dun equipo de aire acondicionado procedente doutra tenda, de xeito que se conseguiu reducir residuos e, ademais, se instalou un sistema de cortinas de aire nas portas para reducir o "impacto térmico" do local.


Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río