PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
O nivel do mar podería subir até 50 centímetros
O desxeo de Grenlandia pon en perigo cidades como Nova York

Redacción .  Nova York, Boston e outras cidades dos Estados Unidos poderían padecer este século un aumento nos niveis do mar por riba do prognosticado para o resto do planeta se a capa de xeo de Grenlandia continúa a derreterse tan rápido como até agora.

Reloxo 28.05.2009 | 18:51

O derretemento da capa de xeo de Grenlandia acelerouse nos últimos anos O derretemento da capa de xeo de Grenlandia acelerouse nos últimos anos

Investigadores do Centro Nacional para a Investigación Atmosférica de Boulder, Colorado, aseguran que o nivel dos mares da costa nordés de América do Norte podería subir entre 30 e 50 centímetros máis que noutras áreas costeiras se os glaciares de Grenlandia seguen a derreterse ao ritmo actual.

O derretemento de xeo en Grenlandia podería agregar tanta auga ao océano Atlántico norte como para cambiar o extenso patrón de circulación do océano, coñecido como cinta transportadora oceánica. Os científicos chaman a este patrón "circulación cambiante meridional".

"Se o derretemento de Grenlandia continúa acelerándose, este século veremos impactos significativos na costa nordés dos Estados Unidos como resultado do aumento do nivel do mar", declarou Aixie Hu, principal autor dun artigo sobre o tema publicado na revista Geophysical Research Letters. "Cidades grandes do nordés atópanse directamente na traxectoria do maior aumento", agregou Hu.

Esta é unha avaliación aínda máis pesimista que a realizada por un estudo publicado en marzo na revista Nature Geoscience. Este traballo precisa que o aumento das temperaturas da auga podería cambiar as correntes oceánicas até aumentar o nivel dos mares na costa nordés dos Estados Unidos 20 centímetros máis que o aumento medio mundial.

Improbábel, pero posíbel

Con todo, a investigación anterior non incluíu o impacto do derretemento do xeo de Grenlandia, que precipitará os cambios na circulación oceánica e aumentará entre 10 e 30 centímetros o nivel do mar no nordés dos Estados Unidos sobre a media mundial.

Iso podería pór en risco aos cidadáns de Nova York, Boston e Halifax, dado que se atopan perto do mar, dixo Hu respondendo preguntas enviadas por correo electrónico.

Pero os habitantes da costa non só estarían en risco de inundación, senón que os sistemas de drenaxe tamén sufrirían as consecuencias. De acordo co científico, a auga salgada penetraría nos deltas dos ríos, cambiando o ecosistema.

O xeo que cobre gran parte de Grenlandia se está a derreter máis rápido debido ao cambio climático, pero o nivel dos mares non aumenta na mesma medida en todo o mundo.

Actualmente, o nivel no Atlántico Norte é 71 centímetros menos que no Pacífico Norte, xa que o primeiro conta cunha capa densa e compacta de auga fría que o segundo non posúe.

O desxeo de Grenlandia aumentou un sete por cento anual desde 1996 pero Hu indicou que é difícil asegurar que se manteña o índice nos próximos 50 anos, aínda que sería posíbel a causa do quecemento global.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río