Redacción . O Museo do Mar de Galicia celebrará o Día Mundial do Medio Ambiente o 5 de xuño cunha serie de obradoiros que se porán en marcha entre o 30 de maio e o 7 de xuño. Seguindo o 'Programa sobre Medio Ambiente das Nacións Unidas' (UNEP) deseñará actividades para concienciar á poboación en xeral sobre a importancia do cambio climático que estamos a vivir.
O Programa sobre Medio Ambiente das Nacións Unidas (UNEP) busca estimular o coñecemento e sensibilización da poboación cara o medio ambiente. Este ano o lema é 'O teu planeta necesítate. Únete para combater o cambio climático' e o Museo do Mar de Galicia propón unha serie de obradoiros que, ademais de advertir sobre as posibles consecuencias do cambio climático, permitirán coñecer os diferentes sistemas de produción enerxética e que medidas podemos adoptar para reducir o consumo enerxético, principal axente do cambio climático. Para iso as instalacións do museo ensinará ao público como se produce a luz con paneis solares, amosando a pequenos e maiores o valor das enerxías e a repercusión que este problema pode causar no futuro. Os obradoiros recibirán visitas escolares entre semana. A fin de semana faranse dúas quendas (mañá de 11:00 a 13:00 e tarde de 17:00 a 19:00 horas) e estarán abertos por idades a partir de 10 anos. Para poder participar é necesario facer unha reserva chamando ao teléfono 986 24 77 50.
Museo do Mar en Vigo
Descargar Tarifas