Redacción . O emblema de Greenpeace achégase esta tarde, a partires das seis, ao Cabo Balea, perto de Cangas do Morrazo, onde esta semana se retomaron con protección policial as obras dun polémico porto deportivo.
O Rainbow Warrior, buque de Greenpeace
Os veciños opostos a operación, organizados ao redor do Foro Social de Cangas, cualifican o proxecto de “ilegal” e “asociado a unha operación especulativa de longo alcance en terra” nos terreos ocupados pola antiga conserveira Massó, na costa e no centro da vila.
A protesta denuncia que o banco pesqueiro e marisqueiro que desaparecería co porto, según fontes do sector, “crea uns 500 postos de emprego directo, que non se mirarán compensados de ningunha maneira pola construción dun porto deportivo privado”.
Así, teñen convocada unha Asemblea para hoxe as oito da tarde. Tamén está previsto que acodan ao Pleno do Concello, tamén as oito do sábado. Xa o domingo haberá manifestación en defensa do litoral, as 12 dende a Alameda de Cangas do Morrazo.
Descargar Tarifas