PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Na hostalaría
Expertos e pacientes piden o veto total ao tabaco

Redacción .  A Asociación Española Contra o Cancro (AECC), a Sociedade Española de Neumolxía e Cirurxía Torácica (SEPAR), a Fundación Española do Corazón (FEC) e o Foro Español de Pacientes (FEP) uníronse nun manifesto no que lle piden ao Ministerio de Sanidade e Política Social que endureza a actual Lei Antitabaco para que se impida fumar en todos os espazos públicos e pechados.

Reloxo 28.05.2009 | 10:48

. Paco Vilabarros

Baixo o lema 'Cando un fuma fumamos todos', e coincidindo co Día Mundial sen Tabaco, que se celebra el próximo 31 de maio, todas estas entidades coinciden en que a actual normativa que entrou en vigor en 2006 pode ser ampliada dado que só un 11 por cento dos locais de hostalaría están totalmente libres de fume ou ben compartimentados.

Este colectivos piden un cambio que debe estar acompañado dun maior control do Goberno sobre as comunidades autónomas, que son as encargadas de que se aplique a normativa. Neste sentido o presidente da FEP, Albert Jovell comentou que a falta de consenso entre as comunidades e valentía por parte da Administración á hora de comprobar que se está cumprindo a norma provocan a actual situación.

Xunto con esta medida de control, que apoian todos os pacientes españois que “non poden ir a ningún restaurante ou bar por mor do fume”, tamén se pide que a prohibición do hábito tabáquico se amplíe a todos os espazos abertos que estean perto de centros escolares ou outros onde haxa menores, como polideportivos.

A presidente da AECC, Isabel Oriol, comentou que a reforma que piden “é posíbel sen ningún impacto económico negativo no sector da hostalaría” remitíndose á repercusión que esta normativa tivo noutros lugares públicos de países europeos. Oriol recordou que España, xunto con Dinamerca, Romanía e algunhas rexións alemás, é o único país da UE con locais onde está permitido fumar.

Tratamentos

Paralelamente o manifesto tamén reivindica que os tratamentos existentes para deixar de fumar estean incluídos dentro do Sistema Nacional de Saúde (SNS). “É unha ironía consideralo unha adicción pero non financiar a quen o abandona”, recolle o documento no que se pide que se financie os tratamentos a aquelas persoas que os cumpran.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río