PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Morreu un matrimonio
Piden prisión para os detidos na carreira ilegal en Vigo

E. P O fiscal impútalles delitos de homicidio imprudente, lesións imprudentes e condución temeraria. A pena máxima ascende a cinco anos.

Reloxo 14.01.2008 | 16:24
TAGS: vigo , carreira ilegal ,

O fiscal pide prisión provisional para os dous mozos de 20 e 21 anos de idade detidos en Vigo na madrugada do sábado pola súa participación nunha carreira ilegal que provocou un accidente no que morreu un matrimonio.

Así, o fiscal Carlos Gil imputa a cada un dos detidos catro delitos: dous de homicidio imprudente, un por lesións imprudentes, e outro de condución temeraria, segundo informaron fontes xudiciais.

A pena máxima polos citados delitos que podería recaer nos acusados ascende a cinco anos de prisión, segundo precisaron as mesmas fontes que avanzaron que se levará a cabo unha reconstrución dos feitos, aínda que non se determinou a data aínda.

Samuel F.V., de 20 anos de idade, e José Luis S.M., de 21 anos, foron detidos por efectivos da Policía Local na madrugada do sábado despois de que se rexistrase un accidente de tráfico na rúa Jenaro de la Fuente, no que morreu un matrimonio, e que foi supostamente provocado por unha carreira ilegal entre os dous coches que conducían estes mozos.

Declaración ante o xuíz

Os dous rapaces prestaron declaración ao longo da mañá de hoxe ante a xuíz titular do Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, quen decidirá nas próximas horas as medidas a tomar cos dous mozos que circulaban a grande velocidade polos carrís descendentes da rúa Jenaro de la Fuente, no barrio do Calvario, conducindo coches de gran potencia antes de provocar o sinistro mortal.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río