PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Segundo un asesor medio ambiental de Obama
O cambio climático, 'grave ameaza' para o modelo económico galego

Redacción .  O responsábel no Estado español do Proxecto Cambio Climático de Al Gore e un dos asesores, en materia ambiental, do presidente americano Barak Obama, Juan Verde Suárez, advertiu hoxe que o cambio climático representa 'unha grave ameaza' para o modelo económico galego.

Reloxo 26.05.2009 | 18:57

Unha paisaxe do Courel Unha paisaxe do Courel. Paco Vilabarros Juan Verde, que acudiu a un almorzo informativo con xornalistas na cidade de Lugo, reflexionou sobre as consecuencias e a influencia do cambio climático e chamou a atención acerca dos períodos de seca que dan paso a "fortes choivas". Así, fixo referencia a un informe da comunidade científica que alerta "dun aumento das temperaturas dos ríos e os mares en Galiza, entre un e tres graos" e sinalou "os efectos negativos para a pesca e para o marisqueo".

Así mesmo, afirmou que este cambio "neste momento é unha ameaza directa e palpábel para os ecosistemas galegos". "Aí está un informe publicado por unha fundación científica española que chega á conclusión de que existe unha correlación directa entre os incendios e o cambio climático", dixo e concretou que "cun 90 por cento de probabilidades, o cambio climático é responsábel do 70 por cento dos incendios no norte do Estado e, particularmente, en Galiza".

Verde considerou, respecto dos 'negacionistas', que "calquera tipo de comentario que pase por alto das opinións da comunidade científica internacional" é, "desde logo, pouco responsábel".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río