PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Datos da Universidade da Coruña
A inserción laboral de titulados da UdC supera en catro puntos á media española

Redacción .  A inserción laboral dos titulados da Universidade da Coruña supera en catro puntos a media española, segundo informou hoxe o reitor coruñés, Xosé María Barxa, na presentación dun informe sobre a situación laboral dos titulados pola Universidade da Coruña no curso 2006/2007.

Reloxo 26.05.2009 | 15:50

Grupo de estudantes Grupo de estudantes. AGN Segundo o informe, a taxa de ocupación no caso dos homes é do 75,20 por cento e no das mulleres é do 68,66 por cento. En canto á taxa de actividade –que engloba os que traballan e os que optan por continuar os seus estudos–, as porcentaxes son superiores xa que se sitúan no 89,39 por cento no caso dos homes e do 86,80 por cento no das mulleres.

Barxa destacou que as cifras de ocupación superan en 3,97 puntos porcentuais a media dos titulados no conxunto das universidades españolas, de acordo co informe elaborado pola Axencia Nacional de Avaliación da Calidade e a Acreditación (Aneca).

Entre as titulacións de ciclo curto, as taxas de ocupación son máis altas nas diplomaturas de Podoloxía, Enfermería, Enxeñería Técnica Electrónica, Fisioterapia, Arquitectura Técnica en Execución de Obras e Enxeñería Técnica en Informática de Xestión, pois as porcentaxes oscilan entre o 82 e o 96 por cento.

En canto ás titulacións de ciclo longo, destacan Enxeñería de Camiños, Canles e Portos cunha taxa de ocupación do cento por cento, seguida de Arquitectura, Enxeñería Naval e Oceánica, Economía, Informática e Socioloxía, con taxas que oscilan entre o 94 e o 71 por cento.

Por outra banda, o estudo sinala que o 71,97 por cento dos titulados nos campus da Coruña e Ferrol móstrase conformes coa carreira escolleita, case once puntos por riba da media española. A vocación foi a principal razón para escoller unha titulación, cunha porcentaxe do 56,13 por cento, fronte a un 28,56 por cento que cita o criterio da saída profesional.
   

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río