PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Xa se pode descargar n'A Regueifa
Ataque Escampe consegue 'A grande evasión'

Redacción .  "Porque existe o mundo e pode ser de todas"... Despois de 'Galicia es una mierda', Ataque Escampe emprende, neste seu segundo disco, a aventura de construír unha epopea: fuxir da prisión para regresar novamente a ela. A partir dunhas palabras de Steve McQueen, arrinca o segundo LP do grupo que naceu ao abeiro da Facultade de Filoloxía en Compostela e dos viños polo barrio de Vista Alegre.

Reloxo 26.05.2009 | 12:27
  • 'Alcatraz', de Ataque Escampe

Ataque Escampe Ataque Escampe. Alba Viñas

Este álbum "é unha antítese do anterior", sinalan nunha entrevista en Vieiros, en que apuntan ao novo sentido que tomou o título do seu disco anterior, Galicia es una mierda, despois do 1 de marzo. Xogaban coa ironía para propor unha conciencia antiesencialista de construción nacional. Agora, a través de 19 cancións, foxen da prisión para despois volver a ela no seu último tema, "Alcatraz".

Ataque Escampe son de novo o vocalista Álex Charlón, Marco Gelpi á guitarra eléctrica, Miguel Mosqueira coas guitarras, o baixo, coros, e voz, Samuel Solleiro no banjo, guitarras, slide, xilófono e coros, e Roi Vidal á batería electrónica, kazoo, e coros, e únense tamén Xoán Lois G. Carlín no piano, teclados, e sintetizadores, e Francesc "Paq" Esteve ao acordeón. Tamén contan coas colaboracións especiais de Luís Garrido (saxo alto en "No estómago dun crocodilo"), Roi Do forno (violín en "Europa e o ballet"), Manu Payno (trompeta en "Non hai lúa"). Da gravación e mesturas encargáronse Marcos Payno e Tomás Axeitos.

Explican que os acompañaron nesta grande excursión (sen sabelo) John Sturges, María do Cebreiro, Don Siegel, John Huston, Walter Winser, Lonnie Chatron, Antonio Molina, The Mamas & the Papas, Koji Kondo, María Lado, Lee Marvin, The Beatles, Raoul Walsh, Amélie Nothomb, David Lean, Neil Young, Andrés Do barro, The Shadows e Jacques Cousteau. "Elas e eles saberán disimular. A propiedade intelectual é un roubo".

Coma os seus traballos anteriores, Ed Wood e a invasión dos paraugas asasinos, Galicia es una mierda e Galicia es una fiesta, onde Marcos Payno lles facía arranxos a varios temas de Galicia es una mierda en clave discotequeira, pódese descargar de balde n'A Regueifa plataforma. Amais, podemos ver tamén en Youtube o videoclip de "Criptozooloxía aplicada", gravado por Alba Viñas, e realizado por Rafa Pazos.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río