PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Reclaman as súas indemnizacións
Afectados polo AVE obrigan a suspender o Pleno de Vigo

Europa Press Un grupo de veciños do barrio vigués de Teis afectados polas obras do AVE interromperon hoxe o Pleno ordinario para esixirlle ao alcalde, Abel Caballero, 'que cumpra as súas promesas' con respecto ao pago das indemnizacións aos expropiados. O balbordo obrigou ao rexedor a suspender a sesión durante uns minutos.

Reloxo 25.05.2009 | 12:16
TAGS: Abel Caballero , pleno , AVE , Teis ,

Protesta dos veciños de Teis afectados polo AVE Protesta dos veciños de Teis afectados polo AVE. Sonia Daponte/AGN

Os afectados, aos que se sumou outro pequeno grupo de veciños de Coia -en protesta pola incidencia das obras e a falla de atención por parte da concelleira de Vías e Obras-, reprocháronlle ao alcalde que non cumpra o seu compromiso de indemnizar os expropiados ou devolverlle as súas propiedades, tendo en conta que o cambio de trazado do AVE xa non vai afectar as súas casas e terreos.

Os veciños de Teis aseguraron que , malia os anuncios do alcalde, non recibiron "ningún papel asinado por Fomento". Ante os berros e reproches dos afectados, que desoíron as chamadas de atención para gardar silencio, o alcalde tivo que suspender o Pleno durante uns minutos.

Unha vez que os veciños desaloxaron a sala, renovouse a sesión, e o alcalde explicou que estaba "intercedendo continuamente" por estes "catro afectados" ante o Ministerio de Fomento. A este respecto, recordou que poden cobrar as expropiacións ou revertelas, pero que ese proceso administrativo "require tempo".

En todo caso, o Pleno de hoxe desenvolveuse nun ambiente pouco habitual, xa que, unha vez que chegou o momento de debater as mocións -todas salvo unha presentadas polo PP-, o grupo popular retirou todas as súas propostas e abandonou o pleno en protesta pola suposta intención do alcalde de limitar as intervencións e o debate. Os conservadores acusan o rexedor de avisarlles "15 minutos antes".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río