Redacción . A Universidade de Santiago é a cuarta mellor no Estado no referido ao I+D+I. Así o reflicte un estudo do Instituto de Análise Industrial e Financeiro da Universidade Complutense de Madrid (UCM).
Nas dúas clasificacións o líder é a Universidade de Navarra, institución vinculada á Igrexa Católica. Loxicamente, esta universidade tamén encabeza o ranking global. Clasificación global na que a USC é quinta. Até o posto 44 hai que descender para atopar a seguinte galega, a Universidade da Coruña. Dous despois, no 46 sobre un total de 71 institucións, está a Universidade de Vigo.
Laboratorio da USC onde se investiga sobre o cancro.
A USC é a única universidade galega entre as dez primeiras do Estado na categoría de investigación e tamén na clasificación en función da calidade da docencia, na que ocupa o noveno lugar, por diante da Autónoma de Barcelona.
Descargar Tarifas