Europa Press . O vicepresidente dos promotores galegos, David Vilela, instou hoxe o Goberno da Xunta a que asuma como vivendas de protección oficial aquelas que non poden vender e están libres.
Vivendas de promoción pública da Xunta en Santiago.
Neste sentido, Vilela suxeriu que se fixe "algo" por parte do Executivo autonómico para que estas vivendas "poidan converterse en vivendas de protección oficial, con algún tipo de financiamento especial en forma de axudas ao comprador".
Así, indicou "cando esas vivendas estean ocupadas" poderán "iniciar outras". "Non ten sentido que esteamos facendo máis pisos cando temos unha serie deles que están baleiros, porque están sen vender", sinalou.
En concreto, este sector propuxo á Xunta que non se fagan máis vivendas de protección oficial" cando "hai tantas paradas en Galiza". No entanto, dixo descoñecer cantas se atopan nesta situación no país, aínda que sospeita que "son moitas".
Ademais, Vilela constatou que no que vai do 2009 se reduciron as vendas de vivendas en Galiza en máis dun cincuenta por cento, con respecto aos resultados do pasado ano que xa foi, asegurou, "un mal ano". "O sector da construción está practicamente paralizado. Se seguen as cousas así, vexo bastante difícil que se empece nada novo", alertou.
Finalmente, tampouco quixo pasar por alto o incremento do paro no sector en Galiza, que, indicou, "aumentou unha barbaridade" e criticou que a clase política "non interveña" para paliar esta "sangría".
Descargar Tarifas