PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Consumo tradicional dos indíxenas
Bolivia aumentará o cultivo legal de coca

Redacción .  O Goberno do presidente boliviano, Evo Morales, modificará a lei da loita contra o narcotráfico até mediados de 2010 co fin de incrementar a 20.000 hectáreas os cultivos legais de coca en Bolivia.

Reloxo 21.05.2009 | 08:01

Un boliviano disponse a destruír coca en La Asunta (Bolivia) Un boliviano disponse a destruír coca en La Asunta (Bolivia). Gaston Brito/Reuters "A Lei 1008 será modificada unha vez que teñamos os resultados do estudo integral da folla de coca", indicou o Executivo, que precisou que iso servirá para modificar a actual medida, vixente desde o 1975, e que estabelece o límite en 12.000 hectáreas.

O responsábel antidroga, Felipe Cáceres, xustificou a reforma da lei en que a cantidade de bolivianos "que consumen coca de xeito tradicional", incrementou considerabelmente. "Á data en Bolivia xa contamos case con 10 millóns de habitantes dos cales case o 62 por cento somos poboación indíxena e temos o costume ancestral de mastigar coca", declarou.

Consumo externo

Así mesmo aseverou que as 12.000 hectáreas non xustifican un consumo real de coca no país e que por iso o Goberno de Morales "elaborou unha nova estratexia de loita contra o narcotráfico".

Mentres tanto, unha delegación estadounidense continúa en La Paz traballando co Goberno boliviano en busca dunha nova dirección de relacións bilaterais en base a unha axenda común, na que está incluído o tema da loita conxunta entre ambos os países contra o narcotráfico.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río