Redacción . Deberá entregarse un coche usado e só poderán beneficiarse particulares e empresas estabelecidas en Galicia desde hai polo menos un ano. Xavier Guerra, conselleiro de Economía e Industria, presentou hoxe os detalles do plan da Xunta, que é compatíbel co do Goberno Central.
Conselleiro de Economía e Industria, Xavier Guerra.
O conselleiro de Economía e Industria, Xavier Guerra, estimou hoxe en 98 millóns de euros as vendas de vehículos derivadas da posta en marcha do 'Plan re-Móvete'. Segundo o político, a medida está vixente "desde onte e até final de ano". As axudas contan cun orzamento de seis millóns de euros, e poderán prorrogarse “en función da situación económica e da demanda”. O Plan é compatíbel co que lanzará o Goberno central. Guerra indicou que o plan dá prioridade aos sectores "máis afectados" pola crise, como o agroindustrial, o téxtil, o naval, o das pedras ornamentais, o audiovisual e o turismo, para incentivar a compra de vehículos industriais. Segundo os cálculos do conselleiro, os seis millóns de euros previstos inicialmente poderán axudar á compra de 7.000 vehículos, se se ten en conta unha axuda media de 1.000 euros e que o prezo máis común dos coches en Galicia sob 14.000 euros. O obxectivo é que as vendas "só sexan un 15 por cento menores" que as do ano pasado. "Seguen sendo cifras malas, pero máis asumíbeis que o descenso do 40 ou 50 por cento actual". O conselleiro informou de que a Xunta contactou cos concesionarios para informarlos de que o desconto será aplicado no momento da compra do vehículo, mentres que os puntos de venda recibirán as axudas do Goberno galego a final de mes.
Xavier Guerra apuntou que as axudas están destinadas á substitución de vehículos de máis de 10 anos ou que conten con máis de 250.000 quilómetros, así como á adquisición de vehículos comerciais ou turismos novos de até 30.000 euros de custe.
As axudas estenderánse á modernización do parque móbil de autónomos, microempresas e pemes ou particulares de Galicia. Deste xeito quedan excluídas aquelas persoas físicas ou xurídicas que non residan en Galicia desde polo menos hai un año e a compra de coches usados ou de 'kilómetro cero'.
Os vehículos comerciais de menos de 3,5 toneladas contarán cunha axuda de 1.000 euros que poderá alcanzar os 1.500 euros se o comprador procede dalgún dos citados sectores prioritarios.
En canto aos turismos, os que conten cun prezo inferior aos 10.000 euros recibirán 500 euros, mentres que os comprendidos entre los 10.000 e os 30.000 euros, terán unha axuda de 700 euros.
Guerra indicou que, para evitar a picaresca, unha das condicións para recibir as axudas é que os coches sexan propiedade da persoa que o vai cambiar "polo menos desde hai un ano". Os vehículos que se renovan pasan a converterse en chatarra.
Descargar Tarifas