PUBLICIDADE
Luns, 15 de marzo de 2010
BLOG XURXO ESTEVEZ
Xurxo
Estevez
A fin do mundo
 19.05.2009 | 11:55

Carmen Miranda Carmen Miranda

Cando era pequeno, lembro diversas noites de angustia porque voces autorizadas viñan de anunciar que o mundo se acababa. Os meus pais, como é lóxico, trataban de que non me decatase, mais unha noticia desas É IMPOSÍBEL de ocultar.

Tendo eu coma sete anos de idade, prestixiosos menciñeiros en medicina tropical descubriron un xerme patolóxico (que, a pesar de ser patolóxico, nada tiña a ver coa lóxica preocupación coa gripe aviar que ven aí...) que non deixaría títere con cabeza. Daquela encamei con febre e, impresionado, regaleille a miña modesta colección de selos á miña veciña xaponesa, da que estaba apaixonado, a modo de despedida, sen por iso atrever a declararme. Mais sobrevivín, era mesmo un simple catarro.

Despois veu a crise dos misís de Cuba entre os EEUU e Rusia, que estivo a piques de facernos saltar polo ar baixo unha chuvia de bombas atómicas que, por certo, seguen estando aí e das que case non se fala, excepto as do Paquistán, agora que van caer nas mans dos talibáns que os EEUU criaron, no seu día.

Aos dez anos foron os astrónomos os que divulgaron outra pésima noticia:  un asteroide do tamaño de un campo de fútbol íase estrelar contra o planeta, con toda probabilidade. Que bonito, un campo de fútbol!, parecía mesmo unha fin de mundo pensado especificamente para o Brasil.

Non foi esa a única vez que estivemos en perigo de extinción, coma os dinosauros. Cóntase -está documentado- que en 1937 un enorme asteroide, Hermes, estivo  a piques de chocar coa Terra. Os científicos, as cartomantes e as mães-de-santo dos principais terreiros de candomblé da Bahia calcularon que ambas traxectorias cruzaríanse, de maneira fatídica. Aínda ben que erraron nas predicións. Por cinco horas, non houbo colisión. O mundo non  acabou, mais, en compensación, o músico brasileiro Assis Valente compuxo un dos máis célebres sambas, de enorme éxito na voz de Carmem Miranda, que aquí podes escoitar en versión orixinal.

Aproveito para informar que este ano é o centenario do nacemento de Carmem Miranda, a cantora e actriz brasileira máis famosa de todas as épocas. Sabía vostede que Carmem Miranda naceu en Marco de Canaveses, rexión do Porto, Portugal, a un tiro de pedra da Galiza? Unha boa suxestión para unha excursión de fin de semana. Mais iso é tema para outro escrito de un próximo día.

Deixo aquí tamén un par de versións contemporáneas do tema en vídeo, unha de Sandy e Paula Toller e outra de Maurício Pereira, que se poden ver en youtube.

Pois si, o fin do mundo. Tamén a industria farmacéutica aporta o seu grao de area ao fin do mundo cando os estoques de antibióticos están perto do fin, ou sexa, da data de caducidade do medicamento. Aquí tendes, senón, tres interesantes artigos que analizan a cuestión da gripe producida polo virus A-H1N1:

 http://guiaempresaxxi.com/sintomas-gripe-porcina.html

 http://guiaempresaxxi.com/sintomas-gripe-porcina.html 

http://www.elconfidencial.com/cache/2009/05/06/salud_61_gripe_verdaderas_pandemias_siglo.html

http://www.bbc.co.uk/mundo/ciencia_tecnologia/2009/05/090502_2355_gripe_otras_enfermedades_irm.shtml

http://sarchione.blogspot.com/2009/05/el-negocio-de-la-gripe-porcina.html


Esa “ideoloxía finimundae” ven de lonxe e é moi propicia para épocas de crise como a actual. Nos sotos do Vaticano poderíamos atopar a orixe de moitos deses boatos. O medo á SIDA rematou coas alegrías do amor libre da que viñamos nos 60, na época da psicodelia. A igrexa recomendou abstinencia, castidade e matrimonio, con notábel éxito no seu día (lembran vostedes da “xeración X” e outras?). Agora queren que abandonemos o costume de apertar as mans e darnos un par de bicos nos encontros coas amizades, pois son focos de contaxio da nova gripe de orixe norteamericana. As luvas de látex e as mascariñas son os condóns desas novas anatomía profilácticas. Oporase tamén a elas o papado?.

Non sei que pensar. Ao igual que na infancia, levo uns días sen poder conciliar o sono. E tamén teño catarro, ou gripe, ou o que sexa, namentres escribo isto. Por algo o meio de comunicación máis catastrofista do estado español é o diario “El Mundo”. “El fin del Mundo” debía chamarse. Nós sabemos moito diso aquí, no Finisterrae.

Déixovos con enlaces a varias cancións sobre o fin do mundo: U2, REM, The Doors, The Rolling Stones, Radiohead. Muse e até mesmo un temiña antiaborto de Roberto Carlos, para que non se diga que aquí non hai de todo.

E para rematar, a letra do tema de Assis Valente “E o mundo não se acabou”:

Anunciaram e garantiram que o mundo ia se acabar
Por causa disso, minha gente lá de casa, começou a rezar
E até disseram que o sol ia nascer antes da madrugada
Por causa disso nessa noite. lá no morro, não se fez batucada

Acreditei nessa conversa mole
Pensei que o mundo ia se acabar
E fui tratando de me despedir
E sem demora fui tratando de aproveitar
Beijei a boca de quem não devia
Peguei na mão de quem não conhecia
Dancei um samba em traje de maiout
E o tal do mundo não se acabou

Anunciaram e garantiram que o mundo ia se acabar
Por causa disso, minha gente lá de casa, começou a rezar
E até disseram que o sol ia nascer antes da madrugada
Por causa disso nessa noite. lá no morro, não se fez batucada

Chamei um gajo com quem não me dava
E perdoei a sua ingratidão
E festejando o acontecimento
Gastei com ele mais de um quinhentão
Agora eu soube, que o gajo anda
Dizendo coisa que não se passou
E, vai ter barulho, e vai ter confusão
Porque o mundo não se acabou

Anunciaram e garantiram que o mundo ia se acabar
Por causa disso, minha gente lá de casa, começou a rezar
E até disseram que o sol ia nascer antes da madrugada
Por causa disso nessa noite. lá no morro, não se fez batucada

Acreditei nessa conversa mole
Pensei que o mundo ia se acabar
E fui tratando de me despedir
E sem demora fui tratando de aproveitar
Beijei a boca de quem não devia
Peguei na mão de quem não conhecia
Dancei um samba em traje de maiout
E o tal do mundo não se acabou

Anunciaram e garantiram que o mundo ia se acabar


Asteroide Hermes

Carmem Miranda

Marco de Canaveses

Sandy e Paula Toller

Maurício Pereira
http://www.youtube.com/watch?v=oNpx2NRW59o



The Doors, “The End”, ao vivo no The Isle Of Wight Festival, 1970


U2 “Until The End Of The World” ao vivo no Slane Castle, 1991

REM, It’s the End of the World As We Know It (And I Feel Fine), 1987

The Rolling, “StonesGimme Shelter”, 1969

Radiohead, “Street Spirit (Fade Out)”, 1994

Muse, “Apocalypse Please”, 2003

Roberto Carlos, “Apocalipse”, 1986

 

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río