Redacción . O Compostela terá a primeira oportunidade de ascenso á segunda B na eliminatoria de campións que o enfronta ao Atlético Monzón. Se non consegue gañar, terá unha nova oportunidade nas eliminatorias xerais, nas que xa están o Cerceda, o Montañeiros e o Ourense.
O ascenso á segunda B tamén mudou este ano. Os campións teñen vantaxe no sorteo e posúen dúas oportunidades de ascenso. A primeira, gañar a eliminatoria entre campións. Velaí o Compostela, gañador do grupo galego da Terceira División, terá que enfrontarse ao Atlético Monzón. Os aragoneses nunca subiron á segunda B e queren beneficiarse do bo momento futbolístico que vive a provincia de Huesca. Se os compostelanistas non subiran desas, participarían nas eiminatorias nas que xa participan desde o 24 de maio os outros equipos galegos clasificados. O Montañeiros enfróntase ao Hellín. O primeiro partido disputarase en terras albaceteñas. O Ourense recibe o Tudelano no Couto. O Cerceda terá que lidar co Peña Sport de Tafalla, tamén navarro. Os partidos de volta xogaranse o 31 de maio. Na seguinte fase entrarán a xogar os derrotados na eliminatoria dos campións. De entre todos os clasificados para a fase de ascenso, serán 16 os conxuntos que suban á segunda B.
Once inicial do Compostela
Descargar Tarifas