PUBLICIDADE
Domingo, 14 de marzo de 2010
DEBATE SOBRE O NÚMERO DE ASISTENTES
Polémica nos blogs sobre a protesta do galego

M. V Un día despois, a multitudinaria protesta contra a derrogación do Decreto do Galego é a protagonista de centos de blogs galegos.

Reloxo 18.05.2009 | 14:21

Manifestación no Día das Letras Galegas, na Quintana de Santiago Manifestación no Día das Letras Galegas, na Quintana de Santiago. Manuel Vilas

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Así, o responsábel dos organizadores, Carlos Callón da Mesa pola Normalización, advírtelle á Xunta que “a resposta social foi contundente e agora cómpre que os actuais gobernantes a escoiten. Se non, aló estaremos de novo”.

Refírese ao feito de que a “ateigada” Praza da Quintana non fose abondo para acoller todos os manifestantes, que a Mesa cifra en 50.000. Así Callón, que dá unha rolda de prensa este luns, destaca “que foron necesarias dúas lecturas do manifesto” ante as dificultades para acceder á Quintana.

A visión de quen participou na protesta de GB

Visión contraposta á de 'Contando Estrelas', onde o blogueiro 'Elentir' mostra o seu desacordo coas cifras de participación. “En Galicia Bilingüe somos obesos mórbidos e no nacionalismo son anoréxicos extremos” láiase este blogueiro sobre a polémica de se houbo máis xente na protesta a prol do galego onte ou na convocada contra a promoción do idioma na precampaña.

Slogans máis coreados

A Asociación Cultura Quinta Feira da Laracha publica a súa propia galería de fotos no Flickr. Este colectivo recolle algúns dos berros máis coreados na protesta (“aínda que se molle, o galego non encolle”, “sempre en Galiza, sempre en Galego” ou “vaia molladura por culpa dun caradura”) e argumenta que “a maioría da poboación galega está en contra do desmantelamento da protección xurídica do galego que pretende o goberno do Partido Popular˝.

Jaureguizar critica un exceso de 'compostelanismo'

O escritor lugués Santiago Jaureguizar critica que a protesta fose en Santiago. Na súa opinión era mellor organizara en Láncara, onde estivo o presidente da Xunta. “Feixóo deu unha grande importancia estratéxica ás Letras Galegas deste ano. A maiores da presenza habitual do conselleiro de Cultura, levou o de Educación, o Director Xeral de Cultura e o Secretario Xeral da Política Lingüística a Láncara. Pola tarde, sospeito que como reacción á manifa de Compostela, reuniu todo o seu goberno na vila lucense” escribe Jaureguizar en Cabartet Voltaire.

“Primeiro aviso a Feixóo” titula o blog de Xabier Pérez Iglesias, que interpreta que o “Partido Popular terá que atender o mandato social que sae da mobilización de onte, porque o de onte foi apenas un sonoro primeiro aviso”.

Revista de prensa

Por último, o Galicia Confidencial recompila as noticias publicadas pola prensa escrita sobre a protesta e salienta que todas as cabeceiras “destacan a masiva afluencia a esta manifestación”.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López

Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río