Xanana Gusmão, pseudónimo de José Alexandre Gusmão (Timor, 1946), foi o máximo condutor da loita de liberación nacional de Timor Leste. Nación invadida por Indonesia en 1975 e este líder foi condenado a 20 anos de prisión. A súa incontinencia na loita en pro das liberdades do seu pobo, o levaron a reconquistar a illa de Timor, antiga colonia portuguesa. Heroe nacional e primeiro presidente da República moubere. Por tanto, estamos falando dun persoeiro político mundialmente recoñecido. Mais na vida de Gusmão hai outros rexistros menos coñecidos como é a de poeta e pintor.
Nos seus longos anos de prisión en Xakarta, onde se valeu da caneta e do pincel para escribir e decorar o seu libro, titulado: Mar meu (1998), toda unha sorpresa lírica que frutificou nas prioridades de resistencia ante o invasor indonesio. Un libro de vivencias comprometidas no combate popular e ideolóxico. Sorpresa tamaña que nos trouxo naquel momento. Mar meu é unha aposta do líder da resistencia e da liberación do pobo maubere de Timor, que o guerrilleiro encadeado construíu os versos para solemnizar a súa patria. Quen non lembra o prefacio de Mia Couto escrito para este libro de Gusmão: “Timor parece erguer-se como prova contrária a estes sinais de decadê. Afinal, há alma para sustentar causas, erguer a voz, recusar aelhamentos. Uma nação distante se reassume como noso lar, nossa ração, nosso empenho. O sangue que se perde en Timor escorre de nosas próprias veias. As vidas que se perdem em Timor pesan sobre a nosa própria vida”. Toda unha declaración de irmandade solidaria vinda dun mozambicano, que engade toda a Lusofonía –mais que un texto inicial posto nun poemario.
Este libro de poemas concrétase nun rexistro épico, onde se diversifican chamadas ao combate e a liberdade. Pode que para algunhas persoas lles resulte desconcertante este cántico guerreiro, mais ten que ser entendido como un anhelo de esperanza para recobrar a liberdade intervida e anulada por unha cruel represión e impor a paz. Non podía ser doutro xeito mais que empregar o poema como belixerancia para abrir ronseis nese mar desasosegado.
Gusmão é o poeta que nos lembra os valores dunha cultura popular e milenaria, e nos seus recursos épicos apela, con contundencia, en favor da emancipación nacional e de manterse nas tradicións e nas lendas orais, capaces de transformar e lles dar un sentido de permanencia revolucionaria a eses valores autóctonos. Velaquí, o seu berro convertido en cántico: “Timor/ montanha de ossos/ de uma valentia/ que bocas guerreiras/ abençoaran seus filhos/ para a perenidade dos dias/ Timor/ onde a morte/ só se consagra no combate/ para deter a vida/ e contar a história às crianças/ que nascen para recordar”.
Descargar Tarifas