PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
DI QUE FOI REALIZADA POLO BNG
Feixóo critica a manifestación da lingua por partidista

Europa Press 'Hai que desconfiar daqueles que se queren apropiar do que é de todos', argumenta o presidente da Xunta.

Reloxo 17.05.2009 | 15:52

Feixóo no acto da Real Academia Galega en Lugo Feixóo no acto da Real Academia Galega en Lugo Esquerda   1 / 2  Dereita  

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feixóo, comprometeuse hoxe en Láncara, onde presidiu os actos do Día dás Letras Galegas, a "fomentar o uso do galego sen impoñelo". O mandatario tamén participou nun acto da Real Academia Galega en Lugo.

En declaracións aos medios de comunicación, Feixóo dixo que a Xunta de Galicia "vai protexer" o idioma, xa que, engadiu, cre que constitúe "unha sinal clarísima da cultura do país", polo que mentres o PP estea no Goberno o "vai protexer e promocionar, nunca a impoñelo", matizou.

Nesta liña, Feixóo advertiu que "un idioma empeza a correr riscos cando se impón", xa que a lingua, "cando se quere, utilízase con cordialidade". Na súa opinión, "esa é a garantía máxima de que persista".

Así mesmo, o presidente do Executivo galego argumentou que "non hai manual de galeguismo", senón que é "aquel dos que o viron e o mamaron nas súas casas, coas súas familias e cos seus avós nas aldeas", destacou.

Valoración da manifestación

Sobre a manifestación en Santiago a favor do galego, Feixóo dixo que "hai que respectar calquera tipo de formulación", pero alertou de que "hai que desconfiar daqueles que se queren apropiar do que é de todos".

Así, agregou que "o BNG e forzas que apoian ao BNG están a facer unha manifestación", mentres o seu partido, o PPdeG, fai un acto "no lugar onde naceu Piñeiro".

"O galego é de todos"

Neste sentido, indicou que o galego "é de todos, non ten siglas e é un idioma oficial en Galicia, xunto co español", polo que considerou que o Goberno galego defenderá "calquera dos dous idiomas". "A cordialidade do galego está por enriba de calquera sigla", asegurou, polo que fixo fincapé en que o que teñen que facer as forzas políticas é "buscar a unidade do galego".

Seguindo sobre isto, o presidente de Galicia avogou polo "uso do galego dende a liberdade lingüística e dentro do bilingüismo cordial" que, na súa opinión, está instalado "na inmensa maioría das rúas galegas". "É o que nós imos procurar", concluíu.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río