PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Na Coruña
O 'Correlingua' pecha a súa edición máis multitudinaria

Redacción .  A novena edición do 'Correlingua' concluíu este medio día na Coruña coa carreira con maior participación. Arredor de 5.500 rapaces de máis de corenta centros de ensino da cidade herculina e as comarcas de Bergantiños e Costa da Morte correron en favor do galego.

Reloxo 15.05.2009 | 14:27

Celebración do Correlingua na Coruña este ano Celebración do Correlingua na Coruña este ano. AGN

A do 2009 é a edición máis multitudinaria do 'Correlingua'. Ao longo de dúas semanas esta actividade lúdico-deportiva que reivindica o uso do galego no ensino percorreu máis localidades que nunca –14 cando en edición anteriores eran nove as paradas–, e contou con máis participantes que nunca –arredor de 45.000 escolares de Educación Infantil, Primaria e Secundaria.

Na última cita deste ano o 'Correlingua' recalou na cidade da Coruña onde 5.500 escolares fixeron un percorrido reivindicativo que partiu da Torre de Hércules e recorreu lugares tan emblemáticos da cidade como a Praza de María Pita. Foron os Xardíns de Méndez Núñez onde concluíu a festa e onde estudantes de Laracha leron o manifesto que reclama unha maior atención e respecto cara o galego no ámbito escolar.

Nesta ocasión a animación correu a cargo dos grupos Chevere, Fantoche Baj, o cantautor Hugo Torreiro e o grupo Relúa, aos que tamén se sumou un grupo de alumnos do IES A Pastoriza de Arteixo.

No concurso de pancartas destacou o Colexio Calasán, da Coruña, ao que a concelleira de Normalización Lingüística da Coruña, Ermitas Valencia, lles entregou un lote de material musical.

O 'Correlingua 2009' estivo organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino e os concellos de Pontevedra, Vigo, A Coruña, Santiago, Lugo e Ourense.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río