PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
BLOG ALBERTE MONTES
Alberte
Montes
Actor
Copa, Liga e Champions
A celebrar!
Non sabedes o que é vivir en Barcelona estes últimos dias... unha tolemia! Foguetes, petardos, pitos de coches e motocicletas, camións do lixo con bandeiras blaugranas, balcons con xente berrando como loucos, cubatas entre semana... non podo máis.
 15.05.2009 | 12:20

Momento no que a TVE omite o himno e lle dá paso ás conexións con Bilbao e Barcelona

Veña a celebrar e celebrar... Nótase que o afeccionado culé tiña ganas de... celebrar (perdoen que me repita, pero é que a verba é esa, celebrar). A primeira escusa foi o humillante 2-6 que lle meteu o conxunto de Guardiola ao Real Madrid. Ben merecía ese histórico resultado unha molladura na fonte. Logo viría a clasificación para a final da Champions, festexada con suma euforia, entre outras cousas, polo sufrido do final... de infarto, chico, de infarto.

E o do mércores, 13 de maio, foi incríbel. Intuíase xa que a final que enfrontaba o Barça co Athletic ía ser especial, e abofé que o foi! Ambiente total, unha afección que animaba a un só berro, xogadores entregados e motivadísimos e un partido de fútbol de nivel. Sen dúbida, unha xornada que moitos tardarán en esquecer, entre eles o responsábel, perdón ex responsábel de Deportes de TVE, Julián Reyes. Falamos da pifia da Primeira, co do himno? Falamos diso? Pois falamos, falamos. Sen máis, un xesto que os deixou ben en evidencia, de aí os comunicados de desculpa, cando aínda non rematara o encontro ademais da dimisión de Reyes. Penosa tamén a redifusión das imaxes no descanso, con ese subwoofer incrustado que permitía escoitar á perfección un himno que no campo moitos non acertaron a ouvir. Mesmo o locutor de TV3 (Televisió de Catalunya) admitiu non ter ouvido os compases do himno español. Os que o viron por esta canle ou outro medio que non fose a TVE puideron comprobar en directo o resultado da sonora pitada que invadiu o estadio de Mestalla (Había até grupos de Facebook que invitaban ao boicot dos actos iniciais a final). No meu caso non foi así. Eu estaba nun bar galego no barrio barcelonés de Gràcia (normal en min, que descubra recunchos paisanos) e tras solicitar "a catalá" para ver o partido, comprobamos que a canle se vía con dificultades, así como o Plus de hai uns anos. Tivémonos que conformar logo coa emisión da Primeira, e cos seus comentaristas, que cantan cada gol do Barça como se lles desen cun calcetín suado nos fuciños.

E agora, coñécese que este fin de semana, hai que rematar gañando a Liga, dunha vez por todas. Esa festa vouna perder pois estarei neses intres en Galiza, celebrando algo máis importante que unha Liga, unha Copa ou unha Champions. Celebrarei que a miña lingua é o galego, que a falo cando e como quero, e berrarei ben alto contra aqueles que niso ven unha imposición.

Recomendación musical, como xa é habitual neste blog... Fíxeno unha vez só, é certo, pero é que tampouco ten ningún post máis. Darédesvos conta que emprego a verba post en troques de entrada, pois nos últimos tempos estou un pouco obsesionado co tema capilar... cousas miñas. En fin, música… Nos últimos dias o único que fixen foi rescatar e emocionarme de novo coa herdanza que nos deixou Antonio Vega. Quen non o coñeza está a tempo, é un artista eterno.

 
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río