PUBLICIDADE
Venres, 12 de marzo de 2010
Pola bomba do caixeiro de Santiago
O Supremo revisa a condena de Ugio Caamanho

Europa Press O Tribunal Supremo revisará este xoves a condena a catro anos e nove meses de cárcere imposto pola Audiencia Nacional ao independentista galego e membro da Assambleia da Mocidade Galega (AMI) Ugio Caamanho pola colocación dunha bomba en xullo de 2005 nun caixeiro de Caixa Galicia en Santiago de Compostela.

Reloxo 14.05.2009 | 09:46

Ugio Caamanho no xuízo da Audiencia Nacional Ugio Caamanho no xuízo da Audiencia Nacional. Ceivar.org

Caamanho, que recorreu a súa condena en casación, atópase en liberdade dende o pasado mes de novembro, tras cumprir máis da metade da pena que lle foi imposta con carácter preventivo.

O relator da resolución en firme sobre este caso será o maxistrado da Sala do Penal do Supremo Adolfo Prego. Completarán o tribunal Julián Sánchez Melgar, Francisco Monterde, Manuel Marchena e José Antonio Martín Pallín, informaron fontes do alto tribunal.

A sentenza da Audiencia Nacional condenou a Ugio Caamanho como autor dun delito de danos terroristas con finalidade de subverter a orde constitucional (tres anos), un delito de uso ilexítimo de vehículo con motor (1.626 euros de multa), e un delito de falsidade en documento oficial (un ano e nuove meses e 1.286 euros de multa).

Pola súa banda, considerou a Giana Gomes culpábel dos mesmos delitos de danos terroristas e uso ilexítimo de vehículo con motor. Tamén o pasado mes de novembro a moza saíu de prisión, onde se atopaba dende 2005, ao cumprir xa a totalidade da súa condena en carácter preventivo.

Ademais, a Audiencia condenou a ambos os dous a indemnizar conxuntamente tanto as empresas como os particulares afectados pola explosión coa cantidades que se precisen na execución da sentenza.

Rebaixa con respecto á petición

Esta condena, supón unha rebaixa considerábel con respecto á petición de pena que fixo a fiscal para ambos os dous acusados. A representante do Ministerio Público Blanca Rodríguez solicitou que Caamanho fora condenado a 20 anos de cárcere como autor dun delito de estragos (15 anos) outro delito de utilización ilícita de vehículo con motor (3 anos) e outro delito continuado de falsidade documental (2 anos), polo que solicitaba tamén unha multa de 1.440 euros.

No canto a Giana, a fiscal pediu 18 anos por outro delito de estragos e outro delito de uso ilícito de vehículo con motor. Non obstante, Blanca Rodríguez formulou a alternativa ao tribunal de substituír en ambos os dous casos o delito de estragos por outro de danos (3 anos) en caso de que considerase excesiva a cualificación inicial, tal e como finalmente fixo a Audiencia.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río