PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
Por prescrición do delito
Arquivada a denuncia do asasinato de catro represaliados

Redacción .  O Xulgado de Instrución Número 2 do Porriño resolveu arquivar a denuncia interposta pola Asociación de Memoria Histórica do 36 de Ponteareas, polos alcaldes do Porriño e Salceda de Caselas e a familiares, pola detención ilegal e asasinato de catro canteiros represaliados.

Reloxo 13.05.2009 | 18:52

Exhumación de cadáveres de republicanos Exhumación de cadáveres de republicanos. AGN Segundo informou esta asociación, a sala porriñesa denegou a incoación de dilixencias previas debido a que os delitos denunciados prescribiron e "non existe probabilidade de que a investigación desemboque nun xuízo oral". Ademais, rexeita que eses delitos poidan enmarcarse "no contexto de crimes contra a humanidade".

O xulgado tamén determina que non ten por que supeditarse ao Xulgado de Instrución Número 5 da Audiencia Nacional, cuxo titular, Baltasar Garzón ditou un auto de inhibición a favor de cada partido xudicial nos casos de denuncias de asasinados polo réxime franquista e das exhumacións dos corpos.

A sala recoméndalles, no entanto, aos denunciantes "que acudan a outras administracións públicas para as tarefas de localización e identificación dos desaparecidos", os canteiros de Salceda de Caselas, Manuel Domínguez, Bieito Antonio Cabaleiro, Gabriel Besteiro Rodríguez e Anxo Cabaleiro, cuxos corpos poderían estar nunha fosa no cemiterio de San Salvador de Budiño, no Porriño.

“Denegación da xustiza”

Para o xulgado, é no ámbito da Lei de Memoria Histórica onde se poden exercer as "xustas reivindicacións de recuperación dos restos dos seres queridos, dignificación e honra da súa memoria".

A Asociación Memoria Histórica do 36 de Ponteareas estuda agora presentar un recurso de reforma e apelación en contra da decisión do xulgado porriñés que, en opinión do presidente deste colectivo, Anxo Rodríguez, "coloca a solución dos feitos nunha vía cega". "Se nin a Audiencia Nacional nin o xulgado territorial son competentes, estase producindo unha denegación de xustiza", aseverou.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río