PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Miles de nenos corren polo galego
O 'Correlingua' visita Tui e Ferrol

Redacción .  As cidades de Tui e Ferrol acolleron hoxe unha nova etapa do 'Correlingua 2009', a carreira simbólica na que a comunidade escolar pide a defensa e uso do galego no ensino promovida pola Mesa Pola Normalización Lingüística.

Reloxo 13.05.2009 | 15:05
TAGS: Correlingua , Ferrol , Tui ,

Rapaces no Correlingua Rapaces no Correlingua. AGN

En Ferrol o 'Correlingua' fixo un percorrido reducido arredor da Feira Internacional de Mostras do Noroeste, lugar no que se desenvolveu a festa a prol do galego que contou coa animación do contacontos Dinamo e o grupo Fantoche Baj.

O alcalde de Ferrol, Vicente Irisarri, estivo presente no acto no que participaron 1.000 escolares de Educación Infantil e Primaria de 15 centros de Ferrol e a súa área de influenza.

Na cidade fronteiriza de Tui, o 'Correlingua' convocou 2.000 alumnos de 20 centros da comarca do Baixo Miño. Os estudantes fixeron un animado percorrido que partiu da Praza de Vigo e continuou polo casco histórico para finalizar na explanada de Vía Panorámica.

Alí o pintor Xosé Luís de Dios leu o manifesto do 'Correlingua 2009' en defensa do uso do galego no ensino en presenza do concelleiro de Cultura tudense, Moisés Rodríguez.

A festa continuou coa actuación teatral de Chevere e a do cantautor Hugo Torreiro.

Penultima xornada

A penúltima xornada do 'Correlingua 2009' será mañá, onde a carreira polo galego estará en Vilagarcía e A Estrada. O venres, día 15, esta marcha simbólica rematará na Coruña.

Baixo o lema 'En galego, pásao', a novena edición do Correlingua, organizada pola Mesa Pola Normalización Lingüística xunto coa Asociación Socio-Pedagóxica Galega, CIG-Ensino e os concellos de Pontevedra, Santiago, Vigo, Lugo e Ourense percorrerá 14 comarcas galegas e prevé que participen un total de 45.000 rapaces de 500 centros de ensino de toda Galiza.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río