PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Debate sobre Política Xeral
Raxoi centra a súa intervención no paro

Redacción .  O líder do PP, Mariano Raxoi, resumiu a súa intervención no Debate de Política Xeral aludindo aos 4 millóns de parados que existen arestora no Estado español.

Reloxo 12.05.2009 | 19:35

Mariano Raxoi no Congreso Mariano Raxoi no Congreso. Susana Vera/REUTERS Os datos económicos servíronlle a Raxoi para comezar o seu discurso na quenda de tarde do debate, no que se preguntou como é posíbel que “un país que era a envexa duplique agora en taxa de paro o resto de países da UE”.

"Vostedes non fixeron nada en nada, de nada, de nada, de nada", salientou Raxoi, que cre que a Zapatero lle sobran palabras e fáltanlle feitos. O líder do PP sinalou que o Executivo español "acusaba de antipatriotas aos que dicían que non había crise". Ademais, cualificou a Zapatero de mentireiro, xa que "prometeu dous millóns de empregos" antes das eleccións "e un período de menor crecemento" logo delas.

Tres eixos para un cambio

Raxoi salientou tres eixos de cambio: dicir a verdade, deixar de fantasear e expor un plan realista coas previsións. "Sen un bo diagnóstico non pode haber un bo medicamento" dixo entre os apupos dos deputados socialistas.

O popular cre que as políticas de Zapatero “van arruinar os españois, non van dar resultados e van impedir que se cre o principal substrato da recuperación, que é a confianza".

Ademais apuntou que o Plan E “non é máis que un refrito dos once plans que presentou nun ano". "O seu Goberno é o que máis diñeiro gastou xunto con Arabia Saudita e o que peores resultados cultiva", asegurou o líder do PP.

Reforma das pensións

O líder da oposición tamén lle esixiu a Zapatero que reforme o sistema de pensións, no canto de "dicir que vai reformalo", tras o que criticou a medida exposta por Zapatero para relanzar o mercado da vivenda: "Están dicíndolle á xente que ou compran unha vivenda ou quedan sen deducións", apuntou. Ademais, criticou as súas axudas directas aos automóbiles, xa que "quedan moi curtas".

Réplica de Zapatero: “É vostede un faltón”
"Fíxome vostede retroceder dous anos atrás: o mesmo ton, o mesmo estilo faltón, desprezativo". Así comezou o presidente do Goberno José Luís Rodríguez Zapatero a súa réplica.

Zapatero acusou a Raxoi de “ser un mestre en perder eleccións". "Niso si que lle recoñezo a superioridade, xa que me gaña dous a cero". O presidente do Executivo engadiu, “hai que preguntarse se a súa estratexia de oposición lle serviu a España, e a resposta é non".

O socialista cre que todas as forzas estatais tratan de axudar a saír da crise, mentres que o PP "se aproveita dela". "Nótaselles moito", afirmou o presidente do Goberno, que engadiu que no canto de terse dedicado a citalo "podía expor alternativas". “Ou formula alternativas ou non se sobe á tribuna para criticar así o Goberno", recomendoulle a Raxoi.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río