Redacción . A Alternativa pola Unidade (ApU) foi a lista máis votada para o Consello Nacional do BNG na Asemblea Nacional Extraordinaria que desenvolveu onte no Palacio Congresos de Santiago de Compostela.
Guillerme Vázquez cos membros do Consello Nacional.
A plataforma que encabezou Guillerme Vázquez conta con 23 representantes no máximo órgano entre asembleas, cun 45,29 por cento dos votos. Pola súa banda, Máis BNG, liderada por Carlos Aymerich, acadou 18 membros, cun 36,8 por cento das papeletas, o Encontro Irmandiño, de Xosé Manuel Beiras, sete, co 14,7 por cento, e Máis Alá, de Rafa Vilar, dous representantes, co 3,13 por cento dos votos.
Por número de sufraxios, a Alternativa pola Unidade obtivo 1.101, Máis BNG, 895, o Encontro Irmandiño, 359, e Máis Alá, 76.
Por Alternativa pola Unidade (23):
Guillerme Vázquez , Ana Pontón, Francisco Jorquera, Rosana Pérez, Manuel Polo, Manuela García, Alberte Ansede, Paz Abraira, Gonzalo López, Iolanda Veloso, Bieito Lobeira, María Tereixa Paz, Francisco García, Montserrat Prado, Roberto Vilameá, Milagres Lantes, Francisco Rodríguez, Iria Aboi, Alberte Souto, María Xosé Bravo, Manuel Caride, María dos Anxos Sánchez e Xosé Ramón Ermida.
Por Máis BNG (18):
Carlos Aymerich, Teresa Táboas, Manuel Antelo, Sandra González, Xosé Manuel Pérez Bouza, Neves Cando, Xoán Carlos Bascuas, María Dominga Brion, Gonzalo Constela, María Xosé Méndez, Francisco Xavier Veres, Ana Luísa Bouza, Iago Tabarés, Belén Pazos, Xosé Luís Barcia, Anxo Quintana, Ana Belén Bande e Xosé Carballido Presas.
Por Lista do Encontro (7):
Xosé Manuel Beiras, Mónica Díaz Carrodéguas, Xosé Constela, Lidia Senra, Mario López Rico, Vanesa Garrido e Martiño Noriega.
Por Máis Alá (2):
Rafael Vilar e Noa Presas.
Descargar Tarifas