PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
PRIMEIRO DISCURSO COMO VOCEIRO NACIONAL
Vázquez: 'Hai que recuperar a unidade entre nacionalismo político e nacionalismo social'

César Lorenzo Gil O primeiro discurso de Guillerme Vázquez como portavoz nacional do BNG pivotou sobre tres conceptos fundamentais. O futuro do Bloque como forza política nacionalista, a crítica ao PP galego e a reivindicación da ideoloxía de esquerdas.

Reloxo 10.05.2009 | 21:04

Guillerme Vázquez Guillerme Vázquez. Paco Vilabarros

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
O primeiro discurso de Guillerme Vázquez como portavoz nacional do BNG pivotou sobre tres conceptos fundamentais. O futuro do Bloque como forza política nacionalista, a crítica ao PP galego e a reivindicación da ideoloxía de esquerdas.

“A partir de agora traballaremos como un único Bloque, con unidade e fraternidade”, así definiu Guillerme Vázquez o seu compromiso como portavoz nacional. “Serei humilde e traballarei como o primeiro militante”.

Vázquez avogou por volver unir todo o nacionalismo, “o político e o social”. O portavoz nacional gabou a presenza do Bloque no goberno da Xunta pero tamén resaltou que houbera erros que habería que corrixir.

Para o novo líder nacionalista, cómpre recuperar o diálogo entre dirixentes e militantes e comprometeuse a “visitar todas as asembleas comarcais”. “Serei un portavoz nacional unido aos militantes; un máis dos miles de afiliados”.

Forza transformadora

No seu discurso, Vázquez fixo un amplo repaso da ideoloxía que quere defender como portavoz nacional. “O BNG é unha forza transformadora da sociedade. Non estamos en política para simplemente reproducir a ideoloxía dominante, que é conservadora e antinacionalista”.

Atacou duramente as políticas neoliberais, ás que culpou da actual crise económica. Reivindicou a liberación “dos pobos”, desde o Sáhara Occidental a Cuba. Foi moi duro coa política laboral actual e reclamou melloras nas condicións dos traballadores.

En resume, Vázquez reivindicou as doutrinas políticas de esquerda dun xeito clásico. Animou a votar polo BNG nas eleccións europeas do 7 de xuño. “É a única opción para conseguir unha UE que nos permita construír barcos civís en Fene”. Vázquez non mencionou a candidata do partido neses comicios, Ana Miranda.

En realidade, o novo portavoz non aludiu persoalmente a ninguén, nin sequera o seu adversario na votación final, Carlos Aymerich. Pero este estilo tivo dúas excepcións: Alberte Núñez Feixóo e José María Aznar.

A crítica ao novo goberno da Xunta foi un dos cernes do seu discurso. Advertiu de que haberá unha profunda oposición ás políticas “populares”, con especial destaque á lingua. “Non saben o que queren, só o que non queren. Non queren que os nosos nenos e nenas aprendan galego”. Queixouse tamén de que algúns dos conselleiros do novo Goberno non empregasen o galego nas súas alocucións. “Nin sequera fan un esforzo por usalo dun xeito ritual”.

A carón do ataque ao PP, Vázquez quixo animar os seus militantes e acirrounos a loitar por recuperar o poder. “O PP é derrotábel. Sabémolo e loitaremos por conseguilo”.

A segunda parte do himno e os puños en alto

Durante o discurso do portavoz nacional do BNG, os delegados interromperon o novo líder para saudar a súa defensa do galego e dos sectores produtivos autóctonos. Algúns berros de “Galiza ceibe, poder popular” e “BNG, BNG” adornaron as frases máis emotivas de Guillerme Vázquez.

Ao final do discurso cantouse, como é habitual, o himno galego. A polémica chegou cando a música de Pondal se interrompeu logo do verso de “fogar de Breogán” e logo dalgúns apupos a asemblea comezou a cantar “a capella” a segunda parte. Rapidamente volveuse poñer a música. “Xa sabemos onde estaba a toupa do PP, era do disc jockey”, dixo un dos delegados con sorna.

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río