PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
Propón reducir as xubilacións anticipadas
O Estado ve 'insostíbel' a actual Seguridade Social

Redacción .  O secretario de Estado para a Seguridade Social, Octavio Granado, afirmou que co ‘cóctel’ de máis xubilados e menos cotizantes o sistema é ‘insostíbel’ porque ‘non é de goma’ e non ten unha ‘capacidade infinita’.

Reloxo 09.05.2009 | 09:47
TAGS: Seguridade , Social , Granado ,

. AGN

Neste sentido, manifestou que, "goberne quen goberne", haberá que buscar formas para que "a idade de xubilación se manteña", pero defendeu medidas como prolongar voluntariamente devandita idade ou reducir "en termos moderados" as xubilacións anticipadas.

Segundo recolle elEconomista, Granado realizou estas reflexións no transcurso dun acto organizado pola UGT-Euskadi en Bilbao para abordar as 'Novas políticas para a sustentabilidade do sistema de pensións e mellora da protección social'.

O secretario de Estado manifestou a súa convicción de que hai que acomodar o sistema público de pensións á pirámide demográfica e, neste sentido, destacou que España é un dos países con menor taxa de natalidade e o que experimentou unha "caída máis abrupta e rápida". Ademais, sitúase como o segundo país con maior esperanza de vida. A esta circunstancia, únese o feito de que se entra "moito máis tarde" ao mercado de traballo porque é máis amplo o período de formación que noutras épocas.

"Non é de goma"

Por iso e tras sinalar que a situación é "relativamente complicada", manifestou que o "cóctel" de menos cotizantes á Seguridade Social que, ademais, empezan a cotizar máis tarde, co de máis xubilados, que "viven máis tempo", fai que, nestas condicións, "este sistema non sexa sostíbel", sobre todo, porque "non é de goma" e que "non ten unha capacidade infinita".

Aumentar a taxa de ocupación

Granado sinalou que para que sexa sostíbel se ten que conseguir aumentar a taxa de ocupación para ampliar a base de cotizantes. Entre as vías apuntadas para lograr este obxectivo, destacou a dos fluxos migratorios, así como fomentar unha maior presenza da muller no mercado laboral.

Do mesmo xeito, defendeu a necesidade de incorporar como cotizantes os colectivos "máis precoces", como os bolseiros. Ademais, indicou que tamén se debe lograr que a idade de xubilación "non se desprace cara abaixo". "Ese é un dos obxectivos estratéxicos do sistema español de Seguridade Social", agregou.

Prolongar a idade de xubilación

O secretario de Estado de Seguridade Social afirmou tamén que en España a idade media real de xubilación sitúase en 63 anos e 10 meses e sinalou que o Pacto de Toledo fixa como obxectivo chegar a unha idade media de xubilación de 65 anos.

Para iso, segundo indicou, habería que prolongar voluntariamente a idade de xubilación e reducir "en termos moderados" a apelación á xubilación anticipada. Tamén defendeu "cambiar as formas de traballo", de xeito que se facilite dos 60 aos 65 anos "traballar menos" e con traballos "menos penosos".

"Se non optamos por manexar a variábel da idade de xubilación, entón deberemos optar por manexar a variábel da contía da pensión. Se non axustamos o tempo de duración da prestación, axustaremos o prezo", sinalou.

Granado insistiu en que, en caso contrario, haberá que apuntarse a ser un dos sistemas de pensións, como pasa nos EEUU ou Rusia, nos que se xubila moi pronto á xente, pero “con pensións moi baixas". Así, manifestou que hai que intentar evitar que a Seguridade Social pague a "factura das situacións de crises soportando na mochila pensional problemas doutra natureza". Ao seu xuízo, os posíbeis "desequilibrios" hai que resolvelos cun "mix de actuacións" en materia de ingresos e de gastos e tamén pedindo a "implicación dos empleadores".

O secretario de Estado pensa que haberá déficit na administración da Seguridade Social do 2030 ao 2050 “porque se van xubilar os que naceron nos anos 50 e 60 e os que seguen detrás son moitos menos". "O Estado, cando acabemos co Fondo de Reserva, terá que achegar diñeiro", indico Granado, quen engadiu que, cando se supere esa "sima", o sistema ten que "manterse en equilibrio".

Axencia Única da Seguridade Social

En relación ao proxecto de crear unha Axencia Única da Seguridade Social, afirmou que ve posíbel o acordo con PP e IU, mentres que os partidos nacionalistas "probabelmente non estean de acordo".

O anteproxecto de lei, segundo explicou, saíu xa da administración de Seguridade Social e "o razoábel" sería poder presentar o proxecto de lei nas Cortes a finais de ano, para o seu debate no Parlamento o próximo exercicio, de xeito que poida entrar en vigor no 2012.
Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río