PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Actos nas principais cidades galegas
A crise alimentaria protagonista do Día do Comercio Xusto

Redacción .  Sete organizacións galegas –Amarante, Árbore, A Gradicela, Emaus, Semente, SLG e Verdegaia–celebran hoxe de forma conxunta en Galiza o Día Internacional do Comercio Xusto. Baixo o lema 'Pola soberanía alimentaria, por un comercio xusto no Norte e no Sur' estes colectivos amosarán en seis cidades galegas produtos de comercio xusto e pedirán o troco do actual sistema de mercado capitalista por un 'mercado transparente'.

Reloxo 09.05.2009 | 08:11

Unha feira de comercio xusto Unha feira de comercio xusto. J. S.

Coincidindo cunha crise sistémica global que está a afectar intensamente ao sector alimentario, sete organizacións galegas de distinta natureza celebran hoxe de forma conxunta o Día Internacional do Comercio Xusto. Amarante, o Sindicato Labrego Galego (SLG), Semente, Verdegaia, Árbore, Emaus e A Gradicela xuntan forzas para achegar a cidadanía as características e bondades sociais e económicas desta modalidade de produción alimentaria que persegue a dignidade dos produtores de  países do terceiro mundo e a non intervención das multinacionais na transformación e comercialización de materias primas como o café, cacao ou algodón.

No comunicado conmemorativo do Día do Comercio Xusto a organización Amarante pide que o 9 de maio “se converta nunha data política máis” igual que o 1 de maio, día da clase obreira, ou o 8 de marzo, día da loita feminista, “porque o Día do Comercio Xusto non pode reducirse a unha xornada de ventas ou exposicións, senón converterse nunha data chave de denuncia do comercio internacional”.

Baixo o lema 'Pola soberanía alimentaria, por un comercio xusto no Norte e no Sur', sete organizacións sociais, cooperativas de consumo e o Sindicato Labrego Galego, unen forzas para organizar unha xornada unitaria na Coruña, Compostela, Ourense, Pontevedra, Ribadeo e Vigo. Significativa é a adhesión a esta iniciativa do SLG, que vai servir para visualizar ante a sociedade a conxunción de intereses entre os pequenos produtores do norte e do sur.

Actos

Os actos terán diversos aspectos reivindicativos e lúdicos e pivotarán sobre os mercados transparentes. De xeito que os asistentes poderán comprobar a diferenza entre os produtos na orixe e o que as grandes áreas cobran aos consumidores, a denuncia dos alimentos viaxeiros que percorren o mundo e a existencia de distribuidoras multinacionais que explotan aos produtores do Norte e do Sur.

As actividades realizaranse ao longo de todo o día nos seguintes puntos:

-A Coruña. Praza do Obelisco.
-Compostela. Praza de 8 de Marzo (Rúa de San Pedro).
-Ourense. Praza Maior.
-Pontevedra. Praza de Curros Enríquez.
-Ribadeo. Os Cantóns (Praza de España).
-Vigo. Gran Vía.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río