E. P . Novas Xeracións di que esa materia é "unha competencia que xestiona o BNG".
A presidenta de Novas Xeracións (NN.XX.), María Seoane, desautorizou as propostas formuladas polo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, ao Consello da Xuventude de Galicia por ser este "unha competencia que xestiona o BNG", o seu socio de Goberno na Administración autonómica. En rolda de prensa, Seoane criticou que Touriño "non escoitara" a este órgano consultivo xuvenil nos últimos dous anos e medio e reciba os seus membros "casualmente a dous meses" da celebración das eleccións xerais, que serán o próximo 9 de marzo.
A máxima responsable das xuventudes populares en Galicia tamén criticou a xestión do director xeral de Xuventude, o nacionalista Rubén Cela, ao que cualificou de "inoperante" e denunciou que a súa xestión se basea "en festas gastronómicas e xogos de rol sen ningunha medida que beneficie aos mozos".
Por outra banda, María Seoane acusou de "cinismo" a defensa de Touriño dun multilingüismo en Galicia, que atribuíu "a un intento de eludiu o problema das Galescolas creadas polo BNG" e para tapar as "dificultades" de asegurar o bilingüismo no sistema escolar galego.
Descargar Tarifas