PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Asemblea do BNG
EN e os camilistas denuncian un 'veto' dos irmandiños para crear unha lista conxunta

Europa Press Esquerda Nacionalista e os 'camilistas' –militantes que se aglutinan ao redor do proxecto de Camilo Nogueira e el mesmo– denuncian un 'veto' da corrente liderada por Xosé Manuel Beiras, Encontro Irmandiño, para crear unha candidatura conxunta ao Consello Nacional do BNG que integrase aos partidos e correntes que formaron parte das 'Listas Abertas' de delegados para a asemblea extraordinaria.

Reloxo 06.05.2009 | 07:02

Xosé Chorén, secretario nacional de Esquerda Nacionalista Xosé Chorén, secretario nacional de Esquerda Nacionalista. EN En declaracións a Europa Press, o secretario xeral de Esquerda Nacionalista, Xosé Chorén, recordou que para este partido, a cuxo manifesto conxunto se unen os 'camilistas', apostou sempre por que a asemblea do próximo domingo "non fose precociñada", algo que –considerou– non se está producindo.

"Dá a sensación de que houbo unha utilización perversa, parece que quixeron rentar a medio camiño os delegados", manifestou en relación ao Encontro Irmandiño, que promoveu as chamadas 'Listas Abertas', pero que presentou unha candidatura por separado. "Cada un fai o que quere", engadiu.

“O único grupo crítico”

Neste sentido, explicou que Esquerda Nacionalista e os antigos membros de Unidade Galega rexeitaron formalizar unha candidatura conxunta (que suporía a quinta) ao Consello Nacional, posto que rexeitan ser "un grupo de presión" dentro do BNG.

"Nós queremos ser parte activa, non temos interese en ocupar un carguiño", expuxo Chorén, quen asegurou que a través da representación directa que lle corresponde ao partido trasladarán as súas posturas. "Fiscalizaremos o BNG", apuntou en relación ao futuro dos integrantes deste partido.

Desta forma, avisou de que Esquerda Nacionalista e os 'camilistas' pasan a conformar o "único grupo crítico" do BNG, con cuxa militancias "falará" para comunicar as súas inquietudes á dirección nacionalista a través do seu membro.
   

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río