PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
MALIA O PAGO DA GARANTÍA POLO MpDC
Santiago teima en non retirar as cámaras de vixilancia

Europa Press A concelleira de Seguridade de Santiago, Marta Álvarez Santullano, asegurou hoxe que o concello 'aínda' non recibiu ningunha comunicación xudicial na que se ordene a retirada provisional de seis cámaras de video vixilancia do casco antigo que carecían de permiso cando se instalaron. Tampouco di ter noticia do pagamento por parte do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) –entidade demandante– dos 3.000 euros de caución requiridos para que se cumpra a execución provisional da sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo número 1.

Reloxo 05.05.2009 | 18:40

Marta Álvarez Santullano, concelleira socialista de Seguridade en Santiago Marta Álvarez Santullano, concelleira socialista de Seguridade en Santiago

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege("UniversalXPConnect");const gClipboardHelper = Components.classes["@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1"].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById("GM_BoxValuesSession").innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById('GM_BoxValuesSession').parentNode.style.display = 'none';}

Álvarez Santullano aclarou que non dispoñen de confirmación do pagamento da devandita fianza nin orde de executar a retirada provisional das cámaras, pero dixo que "no caso de producirse" o discutirán cos seus asesores xurídicos "unha vez chegue".

Retirada "inmediata"

Pola súa banda, o voceiro do Movemento polos Dereitos Civís, Renato Núñez, esixiu hoxe en rolda de prensa a retirada "inmediata" das cámaras, e defende que "xa se ingresou a semana pasada" o pagamento requirido como "fianza" no caso de que a corporación local gañe o recurso á sentenza presentado no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Así mesmo, advertiu de que a entidade presentará unha "denuncia por desobediencia" no caso de que o Concello non retire as cámaras, xa que "están obrigados" pola sentenza do Xulgado Contencioso Administrativo Número 1 de Santiago.

Ademais, mostrouse "convencido" de que o Goberno municipal "perderá o recurso" e explicou que "non achegaron ningún informe que explicase a necesidade de video vixilancia na cidade" nin que "acheguen beneficio aos cidadáns".

Acusacións á Delegación do Goberno

Por outro lado, Núñez criticou que a Delegación do Goberno en Galicia "lle conceda unha autorización" ao goberno municipal "a posteriori, fóra de prazo" e despois de que O Movemento polos Dereitos Civís denunciase o mantemento "irregular" das cámaras na zona vella.

Así, recordou que presentaron unha denuncia en xaneiro de 2009 contra a propia Delegación "por autorizar unha renovación de licenza despois de estar instalada".

Pola súa banda, a responsábel de Seguridade Cidadá de Santiago considerou estas declaracións como "unha descualificación á Delegación do Goberno". Ademais, explicou que o presidente do TSXG e o fiscal xefe "forman parte" da Comisión de Vixilancia de Cámaras galega, polo que considerou que "cuestionar o criterio dos profesionais do dereito, si é cuestionábel".

Seis anos de denuncias

O voceiro do Movemento polos Dereitos Civís recordou que o colectivo leva "seis anos" denunciando a situación "irregular" das cámaras de seguridade da "zona vella" de Compostela, ao carecer dos correspondentes permisos de renovación, do libro de rexistro das imaxes captadas e que se mantiveron acendidas sen solicitar a autorización.

Finalmente, destacou a súa "ineficacia" ao mencionar que en 2007 se produciron "dous roubos e tres escaparates rotos" en varios estabelecementos da Praza do Toural, pero que "as cámaras non serviron para identificar os culpábeis".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río