M. V . Os cidadáns achegan os 3.000 euros que obrigan ao municipio a retirar os polémicas cámaras da zona vella.
Reportaxe sobre as cámaras de vídeo-vixilancia en Santiago.
O Concello de Santiago non lle queda outra saída legal que sacar as cámaras de videovixilancia da zona vella. E é que o Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) acaba de abonar os 3.000 euros da garantía fixada polo titular do Xulgado Contencioso Administrativo número 1.
O xuíz estableceu esta caución por se o fallo definitivo favorece ao Concello. O municipio, gobernado por PSdeG e Bloque, recorreu a decisión inicial que obriga a retirada das cámaras ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG).
Con todo, o abono dos 3.000 euros obriga a Administración a cumprir co fallo provisional mentres se pronuncia o TSXG.
“Pasividade” do municipio nos permisos das cámaras
A sentenza, en setembro deste mesmo ano, condenaba ao Concello de Santiago a retirar todas as cámaras de vídeo-vixilancia do centro histórico da cidade. O xulgado censuraba con dureza "a pasividade coa que o Concello ten tratado o trámite necesario e obrigatorio imposto pola Lei".
As cámaras non contaban cos correspondentes permisos de renovación, carecían de libro de rexistro das imaxes e funcionaran durante un tempo sen que se tivese solicitado a autorización necesaria, polo que vulneraban as garantías recollidas na Lei de Protección de Datos.
Colecta dos cidadáns para a retirada
A sentenza está actualmente pendente de recurso no Tribunal Superior de Xustiza, mais o Xulgado Contencioso Administrativo número 1 considera no seu escrito que a execución provisional da mesma á espera da decisión deste órgano non producirá "prexuízos de imposíbel reparación" ou "unha situación irreversíbel".
Malia o ditame, o Concello teimou en non retirar os trebellos. Mesmo pediu 600.000 euros como garantía, cantidade que o xuíz reduciu a 3.000 euros. O MpDC abriu unha conta para que os cidadáns pagaran esta fianza.
O Movemento polos Dereitos Civís dará este martes unha rolda de prensa para presentar os detalles e prazos da execución da sentencia.
Descargar Tarifas