PUBLICIDADE
Domingo, 21 de marzo de 2010
'XATCOBEO' DESPEGARÁ EN 2010
Pequeno atraso no primeiro satélite galego

Redacción .  O proxecto galego de 'picosatélite', bautizado como Xatcobeo, está actualmente na fase de deseño. A súa construción comezará en outubro deste ano, se ben os técnicos da Universidade de Vigo non descartan que o seu lanzamento, previsto para finais de 2009, se atrase a 2010.

Reloxo 04.05.2009 | 09:40

Maqueta do 'Xatcobeo', primeiro satélite galego Maqueta do 'Xatcobeo', primeiro satélite galego. AGN O proxecto galego de 'picosatélite', denominado Xatcobeo, atópase actualmente na fase de deseño e a súa construción comezará en outubro deste ano, se ben os investigadores non descartan que o seu lanzamento, previsto para finais de 2009, se atrase ao 2010.

A iniciativa está sendo desenvolvida por estudantes das escolas de Telecomunicacións, Enxeñaría Industrial e Informática da Universidade de Vigo, co apoio da Xunta e a supervisión do Instituto Nacional de Tecnoloxía Aeroespacial (INTA). Segundo explicou o investigador principal, Fernando Aguado, no período maio-xuño comezaría a fase de revisión crítica do proxecto, de cara a poder fabricar e integrar o satélite en outubro.

Estes prazos permitirían ter preparado o satélite, o primeiro 'cubesat' español, para o seu lanzamento en decembro do 2009, aínda que os investigadores prevén que esta data oficial "sufra un atraso de varios meses", polo que "o máis probábel" é que se lance no segundo ou terceiro trimestre de 2010, precisou Augado.

En todo caso, o investigador destacou a "implicación e esforzo do alumnado" posto que "está a resultar clave para que o proxecto siga segundo a planificación prevista dende o comezo".

Avaliado por todo o mundo

Paralelamente ao desenvolvemento do Xatcobeo nas instalacións da Universidade de Vigo, a iniciativa está sendo presentada en congresos e conferencias en diversas partes do mundo. Recentemente, o proxecto expúxose no 'Cubesat Developers' Workshop na universidade de Calpoly, California Politechnic State University.

Ademais, o próximo setembro, responsábeis do proxecto acudirán á Conferencia Mundial Aeroespacial que se celebrará en Corea del Sur.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río