Redacción . O aumento do desemprego en toda Europa sumoulle intensidade ás manifestacións do 1 de maio, no medio da crise global desatada o ano pasado. Manifestantes que conmemoraban o Día do Traballo enfrontáronse o venres á policía antidisturbios en Alemaña, Turquía e Grecia, mentres que miles de persoas, indignadas pola resposta do Goberno á crise financeira mundial, saían ás rúas en Francia.
Esquerdistas e separatistas kurdos enfróntanse regularmente á policía nas manifestacións en Turquía, e a protesta do Día do Traballo do ano pasado tamén terminou con incidentes violentos. Este ano o Goberno declarou festivo o 1 de maio baixo a presión por parte dos sindicatos. Francia Grecia
Manifestación do 1 de Maio en Atenas
Case un de cada tres mozos en Turquía atópase sen traballo e o Goberno teme disturbios sociais e tensións étnicas debido á crise. Os sindicatos, tradicionalmente débiles, volvéronse cada vez máis ruidosos.
Alemaña
En Berlín e Hamburgo, incidente violentos illados estalaron durante a madrugada, con máis de 50 policías antidisturbios feridos, informaron as autoridades. Ao redor de 200 manifestantes coreando consignas anticapitalistas lanzaron botellas e pedras aos antidisturbios en Berlín e incendiaron cinco coches. Alemaña afronta a súa peor crise económica desde a Segunda Guerra Mundial.
Durante o día, houbo altercados entre a policía e manifestantes de esquerda que intentaban bloquear unha estación de metro perto da sede do ultradereitista NPD, que ía celebrar unha marcha. Os axentes tamén foron atacados por varios centenares de esquerdistas en Maguncia e Verden.
Os sindicatos franceses organizaron ao redor de 300 manifestacións contra as políticas sociais do presidente Nicolas Sarkozy e a súa xestión da crise, co Partido Socialista chamando os seus membros a unirse ás protestas por primeira vez desde 2002.
Miles de persoas acudiron ás manifestacións en todo o país en rexeitamento ao elevado desemprego, o menor poder adquisitivo, os escándalos por pagas a executivos e os peches de empresas, que tamén provocaron varias "retencións" de directivos.
E en Grecia, a policía disparou gases lacrimóxenos nun enfrontamento con 300 persoas na Universidade Politécnica de Atenas.
Noutras partes de Atenas, ao redor de 6.000 manifestantes, na súa maioría membros dun sindicato comunista, reuníronse baixo a vixilancia de 4.000 policías, airados polos rescates financeiros a bancos. "Non pagaremos pola súa crise", dicían algunhas pancartas do principal sindicato do país, GSEE.
Descargar Tarifas