Redacción . A USC ten que ampliar as prazas do Fiadeiro de Localización, un curso onde se pode aprender a traducir programas de software libre ao galego.
Así, a Oficina de Software Libre da Universidade de Santiago aumentou as prazas inciais até 50, que tamén resultaron insuficientes para cubrir a demanda dos estudantes. A Oficina estuda agora a posibilidade de facer deste obradoiro nunha opción de formación reglada dentro da oferta académica da USC. O curso comeza esta mañá na Escola Técnica Superior de Enxeñaría no campus Sur. Colaboran Mancomun.org, a Comisión de Normalización Lingüística da Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) e o Servizo de Normalización Lingüística da USC. Estas aulas repetiranse o 7 de maio. Xa o sábado 9 de maio os universitarios reuniranse de novo na ETSE para compartir música, comida, conversa e traballo de localización. Haberá mesmo un premio «Máis e mellor» para aquel equipo que sexa quen de traducir máis cantidade de cadeas e coa maior calidade. A diferenza dos programas privativos, como os de Microsoft, calquera pode mellorar e redistribuír as ferramentas libres. Esta liberdade facilita a súa traducción ao galego e aos idiomas que as empresas non consideran prioritarios.
Curso na Oficina de Software Libre da USC.
Descargar Tarifas