Redacción . A marca de illamentos térmicos 'Tripomant', que se fabrica na localidade pontevedresa de Mos, pechou o seu paso pola última edición da Feira Internacional da Construción de Barcelona, Construmat, con éxito de visitas e contactos comerciais.
Segundo fontes do fabricante de 'Tripomant', a empresa Padreiro, o stand montado entre os días 20 e 25 de abril en Construmat foi visitado continuamente por todo tipo de profesionais relacionados coa construción: arquitectos, xefes de obra, almacenistas e estudantes, que se interesaron polas características e prestacións destes materiais que se adaptan a distintos tipos de necesidades de illamento e que se atopan na vangarda dos novos materiais construtivos. 'Tripomant', no mercado dende 2002, é un material illante composto por capas de aluminio e foam cun exclusivo sistema de selado. Isto aporta altas calidades de illamento térmico, acústico e funcione como impermeabilizante, barreira de vapor e anticondensación. A marca conta cunha gama formada por 8 produtos, adaptados a distintas necesidades construtivas de cubertas, baixo pavimento, paramentos verticais e baixo tarima flotante.
Stand de 'Tripomant' nunha feira anterior a Construmat.
Descargar Tarifas