Europa Press . O presidente da Xunta, Alberte Núñez Feixóo, acudirá hoxe o Palacio da Zarzuela para manter o seu primeiro encontro co Rei Don Juan Carlos. Das súas reunións anunciadas con Zapatero, Helena Salgado e Chaves aínda non se sabe nada.
Este encontro, que terá lugar ás 17.00 horas, está incluído na axenda de reunións institucionais que o novo xefe do Executivo galego terá nos próximos días, despois de que o sábado día 18 tomase posesión como quinto presidente da historia autonómica de Galicia. Ademais da xuntanza coa súa Maxestade, Feixóo tamén ten previsto un encontro proximamente co presidente do Goberno, José Luís Rodríguez Zapatero. Tras a cita co xefe do Executivo estatal, o mandatario galego fixará reunións coa vicepresidenta segunda do Goberno e ministra de Economía, Helena Salgado; e co vicepresidente terceiro e ministro de Política Territorial, Manuel Chaves, para iniciar as negociacións sobre o novo modelo de financiamento autonómico.
Alberte Núñez Feixóo.
Descargar Tarifas