Redacción . Ao longo da mañá, os grupos parlamentarios debateron o calendario de sesións da Cámara. Malia que os conxuntos están constituídos desde o 1 de abril, o PP adiou até a segunda semana de maio a celebración do primeiro pleno.
Van case dous meses desde que as eleccións e case un desde que se constituíu a Cámara desta VIII lexislatura. O PP insistía en avanzar no traspaso de poderes. Con todo, aínda non está completo o Goberno deseñado por Alberte Núñez Feixóo. Agora, no canto de apoiar a celebración do primeiro pleno entre os días 5 e 6 de maio, os populares queren atrasalo até a segunda semana do mes. Parálise da Administración “O Partido Popular ten que pórse a gobernar e o Parlamento a traballar, aínda estamos en prazo –en alusión a unha posíbel xuntanza o próximo xoves e convocar para a próxima semana-, pois iniciativas hai, urxencia tamén existe e incluso cuestións da acción de goberno, que non comezaron con moi bo pé e cómpre controlar”.
Parlamento de Galicia.
O portavoz parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, censurou a actitude do PP respecto ao calendario de sesións xa que considera que “non ten présa en que o Parlamento comece a fiscalizar o Goberno”.
As críticas do portavoz do BNG veñen das datas aprobadas para o primeiro pleno, que se adía até a segunda semana de maio cando, na súa opinión, debería celebrarse antes, xa que os grupos están constituídos dende o 1 de abril e a conxuntura económica non permite máis atrasos á hora de comezar a traballar.
Para Aymerich, é lamentábel que a pesar da situación descrita o Goberno aínda non estea constituído integramente e que, por exemplo, se estea a dar unha auténtica parálise da administración periférica. Ademais, criticou as contradicións e improvisacións (Plan Prever ou localización das galescolas) que están a caracterizar as primeiras medidas do novo executivo.
Descargar Tarifas