Redacción . Camilo Nogueira anunciou hoxe a súa intención de 'renunciar á acta de deputado no Parlamento europeo' vacante, tras a marcha de Ignasi Guardans (CIU) para incorporarse ao Ministerio de Cultura, pero advertiu de que a decisión adoptada é 'moi prexudicial' para Galiza e considerou que quedar sería 'lexítimo'.
Camilo Nogueira
"Quero mostrar o meu total desacordo coa decisión tomada, a instancias de CIU, pola comisión executiva e despois polo Consello Nacional, sobre a renuncia ao escano de deputado que me pertence", aseverou Nogueira nun comunicado de prensa.
O ex eurodeputado reprobou esta determinación porque, ao seu entender, ocupar o escano "sería coherente co pacto da coalición electoral que asinaron os candidatos" da alianza, e mostrou a súa "convicción" de que acceder á Eurocámara "tería un carácter simbólico beneficioso para o nacionalismo na campaña electoral que se aveciña".
Descargar Tarifas