PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Cunha viñeta sobre a crise económica
O romanés Ignat, premio de humor gráfico no Porto

Fernando Fernandes PORTO  O romanés Mihai Ignat gañou a edición 2008 do Premio PortoCartoon-World Festival. Nesta edición a protagonista foi a crise económica.

Reloxo 27.04.2009 | 17:05

Unha caricatura de Mihai Ignat Unha caricatura de Mihai Ignat

Unha viñeta onde se pode ver unha mesa co respectivo mantel, un camareiro a deseñar no mantel dous pratos cos seus servizos de mesa (garfo e coitelo), e un cliente sentado deseñando no mesmo mantel un billete de 100, é o traballo vencedor do XI Grande Prémio do PortoCartoon–World Festival.

Esta edición do festival estivo dedicada á crise e o vencedor anunciado onte foi o romanés Mihai Ignat, que viu a sua obra ser votada por unanimidade.

O francês Georges Wolinski, presidente do xurado internacional composto por oito persoas, dixo ser este “un deseño estremadamente sutil” e que, pola calidade apresentada, non foi difícil escoller os tres primeiros, eloxiando o português Augusto Cid e o polaco Zigmunt Zaradkiewicz polos segundo e terceiro premios.

Tamén o holandês Peter Nieuwendijk, secretario xeral da Federación Internacional de Organizacións de Cartoon (FECO), dixo ser a obra vencedora excelente, unha vez que non son precisos mais de cinco segundos para se entender a mensaxe.

Luís Humberto Marcos, presidente do Museu Nacional de Imprensa, organizador do PortoCartoon, destaca a calidade dos máis de 2.000 deseños presentes a concurso este ano, dicindo que o mellor da crise é o humor, unha vez que non está en crise.

Alén dos tres primeiros premios, o xurado atribuíulles mencións de honra a moitos cartoonistas como Pat Campbell da Australia, Valentin Georgiev da Bulgaria, Lae Nam da Corea do Sur, António Mongiello de Francia, Achile Superbi e Agim Sulas de Italia, Mahmood Azadnia de Irán, Grzergorz Szumowski de Polonia, Valentin Druzhinin de Rusia, Muhittin Koroglu de Turquia e Yuriy Kosobukin de Ucraína.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río