PUBLICIDADE
Mércores, 10 de marzo de 2010
Acordo administrativo
Galego, éuscaro e catalán no Tribunal da UE

Redacción .  O secretario de Estado para a Unión Europea, Diego López Garrido, asina hoxe un acordo co Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TUE) para permitir o uso do galego, éuscaro e catalán nesta institución comunitaria.

Reloxo 27.04.2009 | 08:52
TAGS: galego , éuscaro , catalán , Tribunal , UE ,

Sede do Tribunal de Xustiza da UE en Luxemburgo Sede do Tribunal de Xustiza da UE en Luxemburgo

O acordo administrativo permitiralle aos cidadáns dirixirse ao Tribunal de Xustiza en calquera das linguas oficiais estatais e recibir resposta no mesmo idioma. O TUE estará representado na firma polo seu secretario, Roger Grass.

España é o primeiro país comunitario que asina un memorando para facilitar o uso das linguas cooficiais no Tribunal de Xustiza, segundo destaca a secretaría de Estado para a UE nun comunicado.

O Goberno central xa subscribiu acordos similares co Consello, a Comisión Europea, a Eurocámara e outras institucións comunitarias para que os cidadáns poidan dirixirse a elas en galego, éuscaro e catalán.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río