Redacción . Todo Portugal celebra hoxe o 25 de abril, unha das súas festas laicas máis atendidas pola poboación e que segue a contar cun forte pulso político-reivindicativo. No 35º aniversario, os portugueses prefiren conmemorar o heroísmo dos revolucionarios do 1974.
En cada canto do país vivirase hoxe unha festa. Nalgúns lugares o 25 de abril celébrase simplemente cunha verbena popular ou cunha carreira de bicicletas. Noutros moitos, as organizacións de esquerda, desde as Juventudes Socialistas aos comunistas ou ao Bloco de Esquerda, celebran actos de diverso ton, desde concertos e recitais poéticos a exposicións artísticas ou históricas así como xornadas de estudo e análise do que supuxo para Portugal e para Europa toda a revolución antifascista que provocou o final da ditadura no 1974. No Porto, as principais celebracións céntranse na homenaxe aos combatentes que se levantaron en armas aquel 25 de abril do 1974. Desfiles e recordos que culminarán cunha festa popular na Avenida dos Aliados a partir das 4 da tarde. En Lisboa haberá un programa semellante. No caso da capital portuguesa, a homenaxe realizarase nos mesmos escenarios polos que discorreron os carros de combate e se pactou o triunfo da revolta.
Imaxe relativa ao 25 de abril en Portugal
Descargar Tarifas