PUBLICIDADE
Mércores, 17 de marzo de 2010
En Ponte Caldelas
Poio recorrerá a anulación do realoxamento das familias xitanas

Redacción .  O concello de Poio recorrerá a resolución do Xulgado do Contencioso Administrativo número dous de Pontevedra que anula o realoxamento de dúas familias xitanas na parroquia de Caritel, en Ponte Caldelas. O alcalde de Poio, Luciano Sobral, aspira a 'seguir traballando' co novo Goberno da Xunta 'para erradicar o chabolismo' no Vao.

Reloxo 24.04.2009 | 07:01

Actos no 'Día Internacional dos Xitanos' Actos no 'Día Internacional dos Xitanos' Así llo transmitiu ao seu homólogo de Ponte Caldelas, Perfecto Rodríguez, nunha conversación telefónica, previa ao encontro que ambos os rexedores locais manterán a próxima semana. Pola súa banda, Rodríguez comprometeuse a mediar cos novos responsábeis autonómicos na solución do conflito.

Foi unha conversación na que houbo "certa cordialidade", segundo Luciano Sobral, e na que o alcalde de Poio lle solicitou a Perfecto Rodríguez que lle concertase unha entrevista cos veciños de Caritel.

Sobral tamén se reunirá a próxima semana coas familias afectadas "para transmitirlles tranquilidade", argumentando que "en canto a sentenza non é firme, no ano ou máis que dure a tramitación do recurso, teñen as súas vivendas".

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río