PUBLICIDADE
Venres, 19 de marzo de 2010
Montañeiros, Santa Comba, Ordes e Cerceda, semifinalistas
Eliminados os 'catro grandes' na Copa Galiza

Redacción .  Os catro equipos considerados 'grandes' do fútbol galego que aínda quedaban na Copa Galiza, Rácing de Ferrol, Lugo, Cidade de Santiago e Deportivo B, quedaron eliminados deste torneo por outros tantos combinados de terceira división. Os enfrontamentos en semifinais serán os dous con equipos desta categoría.

Reloxo 23.04.2009 | 10:53

O CD Ordes xoga contra o Cerceda O CD Ordes xoga contra o Cerceda

Ningún dos catro equipos de Segunda B deu a talla que se agardaba deles nos cuartos de final da Copa Galiza de fútbol. No derbi local que enfrontaba ao filial deportivista co cadro coruñés do barrio da Grela, o Montañeiros saldouse cunha vitoria deste último por 0-2, en partido xogado no “Mundo do fútbol” de Abegondo. 

Tampouco no duelo comarcal entre o Ordes e o Cidade de Santiago foi quen o equipo compostelán de impoñer a súa teórica superioridade, malia que comezou adiantándose no marcador, aínda que antes do descanso o equipo local neutralizaría esa avantaxe. Culminaría o resultado grazas a un penalti transformado nos últimos minutos do encontro por parte do combinado da Terra de Ordes, que se converteu en xusto semifinalista ao gañar por 2-1, no seu campo, en Vista Alegre.

Ao suroeste de Compostela pintaban bastos para o CD Lugo. Alí, no Campo de A Fontela caída derrotado por dous goles a cero ante o Santa Comba, que xa consuma a segunda eliminación dun dos “grandes” do noso fútbol, despois de deixar na cuneta en oitavos ao Pontevedra. O equipo do Xallas marcáballe dous goles, que serían definitivos, por medio do seu xogador Iván no último cuarto de hora de partido. A pesar de que os lugueses estaban cos seus mellores efectivos, sucumbiron por 2-0 ante un rudo Santa Comba que dominou o partido dende o comezo até o final.

O Rácing de Ferrol, pensando máis na fase de ascenso que na Copa Galiza, caía no seu propio estadio da Malata ante o Cerceda por un tanto a cero. O gol de Felipe ao comezo da segunda metade decidiu a eliminatoria, nun partido en que o cadro cercedense foi tamén superior a un rival que en teoría debía clasificarse para semifinais. O 90 aniversario da fundación do equipo departamental e o 70 do seu subcampionato de Copa parece que lle están a dar mala sorte aos ferroláns nos torneos do KO.

Nas semifinais quedan emparellados Montañeiros e Santa Comba, por unha banda. Mentres que o outro partido da penúltima eliminatoria xogarano o Ordes e o Cerceda.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río