PUBLICIDADE
Xoves, 18 de marzo de 2010
Considera que o posto debe ocupalo un membro de CIU
O BNG pediralle a Nogueira que renuncie ao escano de Guardans na Eurocámara

Europa Press A Executiva do BNG acordou onte pedirlle a Camilo Nogueira que renuncie a ocupar durante os próximos dous meses a acta de eurodeputado que deixou vacante Ignasi Guardans (CIU) tras dimitir para incorporarse ao Ministerio de Cultura como responsábel de Política cinematográfica e audiovisual.

Reloxo 23.04.2009 | 07:09

Camilo Nogueira Camilo Nogueira Segundo as fontes consultadas por Europa Press, a Executiva defende que se incorpore un novo deputado de Convergència i Uniu ao Parlamento Europeo en lugar de Nogueira, que ocupou o posto número tres da coalición Galeuscat, coa que o Bloque concorreu nas pasadas europeas.

A argumentación da dirección en funcións, segundo as fontes consultadas, baséase en que existe unha cláusula no pacto da alianza que, supostamente, obriga a dimitir os deputados seguintes ao que deixa a súa posto vacante para que este o ocupe outro do mesma cor política.

O único eurodeputado co que contou o BNG foi Camilo Nogueira entre os anos 1999 e 2004. Ao concluír ese mandato, os nacionalistas galegos concorreron ás eleccións europeas na alianza Galeuscat, que finalmente conseguiu dous deputados, de forma que o Bloque quedou fóra da Eurocámara, xa que concorría no terceiro posto da candidatura conxunta.

Diverxencias

Nogueira rexeitou facer declaracións a este respecto, aínda que asegurou non ter constancia formal desta decisión adoptada pola Executiva. A determinación de pedir que non opte ao escano vacante non conta co beneplácito de todos os membros da dirección, xa que algúns sectores críticos atribúena a un intento de impedir que “se visualice" a figura de Nogueira, que forma parte dos sectores que difiren máis co mando da organización.

De feito, o ex eurodeputado forma parte das chamadas Listas Abertas –que impulsou o Encontro Irmandiño con Xosé Manuel Beiras á cabeza– e que están conformadas por militantes críticos coa Executiva nacionalista.

Esta opción conseguiu nas comarcais do pasado sábado en torno ao 15-18 por cento dos delegados que acudirán á asemblea extraordinaria de maio, na que se elixirá un novo Consello Nacional e se renovará a Executiva.

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río