PUBLICIDADE
Sábado, 20 de marzo de 2010
O número 1 en vendas de Amazon
Quen vende máis que Eduardo Galeano?

Redacción .  'As veas abertas de América Latina', de Eduardo Galeano, púxose segundo na lista de libros máis vendidos nos EE UU. Posibelmente chegue ao número un en horas pero, quen é agora o máis vendido? 'Liberdade e tiranía', de Mark Levin.

Reloxo 20.04.2009 | 13:45

Mark Levin Mark Levin

Mark Levin é un comentarista político, estrela radiofónica e asesor republicano desde hai anos. Salvando as distancias, unha especie de Federico Jiménez Losantos.

Liberdade e tiranía é un ensaio sobre as esencias do conservadorismo, unha especie de armazón ideolóxica para unha forma de pensar que nos EE UU quedou algo oxidada tras a vitoria de Barack Obama. No seu "Manifesto conservador" Levin defende as "esencias constitucionais dos EE UU" e é profundamente crítico con políticas de corte social, tales como as defende Obama para a educación e a sanidade.

O libro é un éxito de vendas total. Leva dúas semanas comandando a lista de libros máis vendidos do New York Times e lidera a lista de Amazon.com, na que por sorpresa se coou o libro de Eduardo Galeano.

As veas abertas de América Latina pasou en 48 horas do posto 54.295 ao segundo. E subindo, a difusión da imaxe de Hugo Chávez agasallando o presidente norteamericano xa fixo xurdir contos. Se até agora o máis poderoso prolector que tiñan os estadounidenses era Oprah Winfrey, cuxas recomendacións literarias facían subir as vendas en dous díxitos por hora, agora din que Chávez pode converterse no mellor axente bibliográfico para os estadounidenses.

 

 

Cinco séculos de pillaxe dun continente

A edición que triunfa nos EE UU leva como subtítulo a referencia temática: o escritor uruguaio formula no seu libro as razóns que definiron o presente de miseria e desigualdade de Latinoamérica, en contraposición, xustamente, co enorme progreso e riqueza do norte dominado primeiro polos ingleses e despois controlado polo proxecto, tan moderno para a época, dos pais da patria estadounidense.

Nese volume, agora exitoso, editado no 1998, Galeano contou co prólogo de Isabel Allende, unha especialista en best-sellers, xustamente, que xa é famosa en Norteamérica (onde reside).

Nestas últimas horas moitas son as librarías dos EE UU que fan anuncios e ofertas do seu libro que quizais até agora estaba a papar humidade nos almacéns.

Seguro que este e outros libros de Galeano han ter un repunte de vendas en todos os idiomas nos que está publicado.

Eduardo Galeano ten en galego dúas novidades: Carta ao señor Futuro, en Laiovento; e Historia da resurrección do papagaio, en Kalandraka. 

Imprimir     Tamano Menos Tamano Mas
VOTA
A Nosa Terra Diario eliminará todos aqueles comentarios que conteñan vocabulario ofensivo ou publicitario ou que non se axusten ao tema desta información. Grazas pola súa participaciún.
 
© 2010 A Nosa Terra
Principe 22 - Baixo. 36202 Vigo
Tel. 986 22 24 05.

info@anosaterra.com
diariodixital@anosaterra.com
Delegación Santiago
Tel. 620 91 70 56

Publicidade:
Tel. 616 90 46 88
Tel. 986 43 38 30
publicidade@anosaterra.com
PDF  Descargar Tarifas
Edita: Promocións Culturais Galegas S.A.
Vicepresidente e Conselleiro-delegado:
Afonso Eíré López


Director: Manuel Veiga Taboada
Subdirector: Xan Carballa Alonso
Coordenador Dixital: César Lorenzo Gil
Edición: María Obelleiro Hermida
Charina Giráldez Río